26 [= Tav 47,4]
Assaz entendedes vós, mia senhor

Assaz entendedes vós, mia senhor,
ca vos am’eu máis ca nulha ren,
pero non me fazedes vós por én
maior ben ca se vos eu o peior
quisesse que vos podesse querer,
o que non á nunca máis a seer.
Mentr’eu ja vivo for, amar-vos-ei,
e pero sei que sempre m’én verra
mal, e valera-me máis moito ja
que vos quisesse (o que non quer[r]ei)
gran mal, se vo-lo podesse querer,
o que non á nunca máis a seer.
Como quer que eu i aja razon,
amar-vos-ei enquant’eu viva ja,
pero sei que máis non me valra
ca se vos quisesse de coraçon
gran mal, se vo-lo podesse querer,
o que non á nunca máis a seer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 52

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 671 [= LPGP 314]); Littera (2016: I, 349-350).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 16-17); Machado & Machado (1949: I, 69-70); Rios Milhám (2017: I, 26).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 114).

Variantes manuscritas


6 seer] see(*)R B   8 sempre m’én] sempremnē B   10 o que non quer[r]ei] o q̄ non que nō querer B   11 podesse] prodesse B   14 viva] nyua B

Variantes editoriais


Michaëlis incorpora o quinto verso de cada estrofa ao refrán.

2 vos] vus Michaëlis; am’eu] eu amo Michaëlis, Littera   4 vos] vus Michaëlis   5 vos] vus Michaëlis   7 vos] vus Michaëlis   8 sempre m’én] sempr’én me Michaëlis   9 moito] muito Michaëlis, Littera   10 vos] vus Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis; enquant’eu] enquant(o) eu Michaëlis   15 valra] valerá Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Ben sabedes vós, miña señora, que eu vos amo máis que a nada, mais non por iso me outorgades maior ben ca se vos eu quixese o peor que vos puidese querer, o que nunca xamais ha de acontecer.  

(II) Mentres eu viva, amareivos, aínda que sei que sempre sufrirei por iso, e moito máis me valería que vos quixese –que non quererei– moi mal, se volo puidese querer, o que nunca xamais ha de acontecer.  

(III) Aínda que eu teña motivos para iso, amareivos xa mentres viva, pero sei que non me valerá máis ca se vos quixese verdadeiramente moi mal, se volo puidese querer, o que nunca xamais ha de acontecer.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10C (cfr. Tav 160:60)

Encontros vocálicos: 2 má·is; 15 má·is

Notas


Texto
  • *

    Nesta cantiga, como acontece nalgunhas outras ao longo do corpus (532, 555 etc.), parecería existir un refrán biversal nas dúas últimas estrofas (e así o considerou Michaëlis); non obstante, ese hipotético refrán é desmentido pola estrutura que presenta a primeira estrofa.

  • 2

    A contaxe bisilábica de mais confire a plenitude métrica a este verso, onde Michaëlis, partindo dun inflexíbel carácter monosilábico do adverbio, mudou am’eu en eu amo, contra a lección do manuscrito (véxase nota ao v. 15). Neste sentido, existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c).

  • 8

    A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

  • 9

    Certamente moito é forma minoritaria en relación a muito (rexístrase tamén en 5.6872.2, 919.12), mais o texto michaëliano indica claramente como o proceso de lusitanización en moitas edicións da lírica profana galego-portuguesa chegou a modificar as propias leccións dos manuscritos. A este respecto, convén indicar que, para alén dunha importante presenza de moi ~ moito nos textos medievais xerados no territorio galego, estas formas encóntranse tamén en textos portugueses de diferente teor. Véxase, só como mostra, a forma moito ~ moyto en obras diversas, como o Livro de Linhagens do Conde D. Pedro (Mattoso 1980: I, 277, 278, 298 etc.), na Crónica de 1344 (Cintra 1952-1990: IV, 174) ou no tardío Tratado de Confisson (Machado 2003-2013: 51, 56, 59, 61, 62, 64, 65 etc.).

  • 15

    De novo a contaxe bisilábica de mais (véxase nota ao v. 2) fai innecesaria a intervención de Michaëlis, que reconverte o universal valra (na altura, forma de futuro de valer) na forma inexistente valerá (de aparición máis tardía), que nos textos trobadorescos profanos1 é sempre produto de intervencións editoriais. Véxase nota a 1057.3.

  1. ^

    Tampouco aparece nas Cantigas de Santa Maria a teor dos datos subministrados polo Glossário (Mettmann 1972).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado