262 [= Tav 152,1]
Ai mia sennor, quero-vos preguntar

Ai mia sennor, quero-vos preguntar,
pois que vos ides e eu non poss’ir
vosco per ren e, sen grad’, a partir
m’ei eu de vós e de vosco morar:
ai eu, cativo, por Deus, que farei?
Ai eu, cativo, que non poderei
prender consello, pois sen vós ficar!
Non sei oj’eu tan bon consellador
que me podesse bon consello dar
na mui gran coita que ei d’endurar:
u vos non vir, fremosa mia sennor,
ai eu, cativo, de min que sera?
Ai eu, cativo, que ei por vós ja
viver en cuita mentr’eu vivo for!
E os meus ollos non poden veer
prazer, enmentr’eu vivo for, per ren,
pois vos non viren, meu lum’e meu ben;
e por aquesto querria saber:
ai eu, cativ’, e que sera de min?
Ai eu, cativ’, e mal dia naci,
pois ei de vós alongad’a viver!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 154

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 306 [= LPGP 954]); Piccat (1995: 215-216); Littera (2016: II, 507).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 92-93); Machado & Machado (1960: VII, 13); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 262).

Variantes manuscritas


1 vos] uus A   2 vos] uus A   10 mui] (mui) A   17 vos] uus A

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis, Piccat   2 vos] vus Michaëlis, Piccat   11 vos] vus Michaëlis, Piccat   12 min] mi Michaëlis, Littera   17 vos] vus Michaëlis, Piccat   19 min] mi Michaëlis

Paráfrase


(I) Ai miña señora, quérovos preguntar, pois que vos ides e eu non podo ir convosco de ningunha maneira e, contra a miña vontade, teño que me afastar de vós e (deixar) de morar onda vós: ai de min, desventurado, por Deus, que farei? Ai de min, desgrazado, que non poderei saber que facer cando fique sen vós!

(II) Non coñezo hoxe un tan bo conselleiro que me puidese dar un bo consello na grandísima coita que debo soportar: cando non vos vexa, miña fermosa señora, ai de min, desgrazado, que será de min? Ai de min, infeliz, que debo vivir sempre coitado por vós mentres viva!

(III) E os meus ollos non poden compracerse, mentres eu viva, de cousa ningunha se non vos ven, miña luz e meu ben; e por isto eu querería saber: ai de min, desgrazado, que será de min? Ai de min, infeliz, que en mal día nacín pois lonxe de vós debo vivir!
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:100)

Notas


Texto
  • *

    Nótese a repetición de ai eu, cativo, sempre no inicio dos vv. 5-6 de todas as estrofas.

  • 10

    O adverbio mui aparece erroneamente riscado no manuscrito, pois é necesario para a medida decasilábica do verso.

  • 16

    O adverbio enmentre (tamén en 1047.3) procede da aglutinación da preposición en con mentre, o cal crea unha secuencia [nm] inhabitual na lingua medieval (véxase nota a 1.4). Esta variante do adverbio é de uso limitado na Idade Media, a teor dos datos subministrados polo CGPA (s.v. enmentre, en mentre ~ em mentre), aínda que aparece con relativa frecuencia en obras portuguesas do século XV, cal na Demanda do Santo Graal, no Confessio Amantis (Faccon 2012: 470), ou no Livro das Confissões (Martín Pérez 2012-2013: 43, 277, 286, 394); tamén, coas formas ememtes e memtes no Livro de Arimateia (Miranda 2016: 101, 123), ou enmentre, e͂mentres e enmentres no Sacramental (Sánchez de Vercial 2005-2013: 500, s.v. enmentre, enmentres).

  • 19

    Este verso aparece nunha cantiga de Don Denis (527.20).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado