255 [= Tav 152,13]
Sennor fremosa, non ei oj’eu quen

Sennor fremosa, non ei oj’eu quen
vos por min queira mia coita mostrar,
nen eu, sennor, non vos ous’i falar;
pero quero-vos rogar d’ũa ren:
que vos prenda doo de mí
por quant’afan por vós sofri.
Por quanta coita, ben de-la sazon
que vos eu vi, sempre por vós levei,
se vos prouguer, ora rogar-vos-ei,
sennor, por Deus, por est’e por al non,
que vos prenda doo de mí
[por quant’afan por vós sofri].
Ai mia sennor, lume daquestes meus
ollos, que eu vi sempre por meu mal,
non vos ous’eu por min falar en al;
mais, mia sennor, rogo-vos eu, por Deus,
que vos prenda doo de mí
[por quant’afan por vós sofri].
Avede vós doo de min
por quant’afan sofr’e sofri.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 147, B 270

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 295-296 [= LPGP 961]); Piccat (1995: 159-160); Littera (2016: II, 502-503).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 114); Carter (2007 [1941]: 88-89); Machado & Machado (1950: II, 53-54); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 255).

Variantes manuscritas


1 Sennor] ennor A   2 vos] uus A; min] mi B   3 vos] uus   4 vos] uus A   5 vos] uus A   7 Por] Per B; sazon] saizō B   8 vos] uus A   9 vos] uus A   13 Ai mia] E nha B   14 vi sempre] semp’ ui B   15 vos] uus A; min] mi B

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis, Piccat   3 vos] vus Michaëlis, Piccat   4 vos] vus Michaëlis, Piccat   5 vos] vus Michaëlis, Piccat   8 vos] vus Michaëlis, Piccat   9 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat   11 vos] vus Michaëlis, Piccat   15 vos] vus Michaëlis, Piccat   16 vos] vus Michaëlis, Piccat   17 vos] vus Michaëlis, Piccat   19 min] mi Michaëlis, Littera

Paráfrase


(I) Fermosa señora, non teño eu hoxe a ninguén que vos queira mostrar a miña coita, nin eu, señora, non me atrevo a falarvos dela; non obstante, quérovos rogar unha cousa: que teñades compaixón de min por todo o afán que por vós sufrín.

(II) Por tanta coita, desde o momento en que vos vin, como sufrín sempre por vós, se vos prouguer, agora vos rogarei, señora, por Deus, por isto e non por outra cousa, que teñades compaixón de min por todo o afán que por vós sufrín.

(III) Ai miña señora, luz destes meus ollos, que eu vin sempre polo meu mal, non me atrevo a falarvos doutra cousa; mais, miña señora, eu vos rogo, por Deus, que teñades compaixón de min por todo o afán que por vós sufrín.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 160:277)

Notas


Texto
  • 4

    Nótese a rara rexencia de rogar coa preposición de, que só se rexistra noutros dous contextos: 423.4, 1031.2.

  • 14

    A variante de B, con inversión da orde dos elementos (sempre vi), é tamén lexítima e mesmo redistribúe harmonicamente os acentos métricos do verso. De todos os modos, a lección de A repite formalmente a secuencia xa presente na estrofa anterior (v. 8).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado