253 [= Tav 152,10]
Que partid’eu serei, sennor

Que partid’eu serei, sennor,
de nunca ja veer prazer
des quand’ora partido for
de vos falar e vos veer,
e partido serei log’i
d’aver sabor d’al nen de mí.
E partir-s’-an os ollos meus
de non veer de nulla ren
prazer, pois que os partir Deus
de vós, sennor, que quero ben,
e partido serei log’i
[d’aver sabor d’al nen de mí].
E partir-s’-á meu coraçon
de nunca d’al ren se pagar,
e partir-s’-á én con razon
des quando vos eu non falar,
e partido serei log’i
[d’aver sabor d’al nen de mí].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 145, B 268

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 293 [= LPGP 959]); Piccat (1995: 143); Littera (2016: II, 501-502).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 113); Carter (2007 [1941]: 87-88); Machado & Machado (1950: II, 51); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 253).

Variantes manuscritas


4 vos] uus A; vos] uos A   6 nen] uen B; mí] min A   8 non] nōn B   9 os partir Deus] oz ꝑtir deo B   10 vós] uoz B; sennor] senor A

Variantes editoriais


4 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat   6 mi] min Piccat   12 mí] min Piccat   16 vos] vus Michaëlis, Piccat   18 mí] min Piccat

Paráfrase


(I) Que lonxe estarei, señora, de xamais ter pracer desde que agora me afaste de falarvos e de vos ver, e axiña estarei por iso ben lonxe de sentir gusto por min nin por calquera outra cousa.

(II) E afastaranse os meus ollos de ver pracer de ningunha cousa, despois que Deus os aparte de vós, señora, que amo, e axiña estarei por iso ben lonxe de sentir gusto por min nin por calquera outra cousa.

(III) E deixará o meu corazón de sentir gusto por ningunha outra cousa, e (o meu corazón) afastarase diso con razón desde que eu non vos poida falar, e axiña estarei por iso ben lonxe de sentir gusto por min nin por calquera outra cousa.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= Tav 99:56)

Notas


Texto
  • *

    Nótese a repetición do verbo partir no primeiro e terceiro verso de todas as estrofas, coa sistemática reaparición no refrán.

  • 14

    O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma tamén locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con nada (al nada, véxase nota a 708.16) e, sobre todo, con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’): 72.21, 84.23, 209.14, 253.14, 879.20, 1055.14. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado