244 [= Tav 148,23]
Sennor fremosa, vejo-vos queixar

Sennor fremosa, vejo-vos queixar
porque vos am’e amei, pois vos vi;
e, pois vos desto queixades de mí,
se én dereito queredes fillar,
aque-m’aqui eno vosso poder.
Pois vos de min non queixades por al
senon porque vos quero mui gran ben,
e vejo que vos queixades por én,
sennor de min e meu ben e meu mal,
aque-m’aqui eno vosso poder.
Sennor, se vós tẽedes por razon
d’eu por aquesto ja morte prender,
non ei eu quen me de vós defender,
e, por én, coita do meu coraçon,
aque-m’aqui eno vosso poder,
en que foi sempr’e ei ja de seer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


A 138, B 259

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 280 [= LPGP 930]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 176-177); Littera (2016: II, 486).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 110); Carter (2007 [1941]: 84); Machado & Machado (1950: II, 34-35); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 244).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 66).

Variantes manuscritas


1 vos] uus A   2 vos am’e] uus am(e) e A; pois] Poys que B   3 vos] \uos/ A   6 vos] uos A   7 porque] pᵉ B; vos] uus A : om. B   8 vos] vos A   11 tẽedes] teedes B   14 én] eu B   16 foi sempr’]  fuj senp’ B; de] de (de) B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   2 vos am’] vus am’ Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro; vos] vus Michaëlis   3 vos] vos Michaëlis : vós Lorenzo Gradín & Marcenaro   6 vos] vos Michaëlis : vós Lorenzo Gradín & Marcenaro   7 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   11 tẽedes] teedes Littera   13 quen] que Littera   16 foi] fui Littera

Paráfrase


(I) Señora fermosa, véxovos queixar porque vos amo e amei, desde que vos vin; e, xa que por isto vos queixades de min, se niso queredes facer xustiza, velaquí estou no voso poder.

(II) Pois vos de min non queixades por outra cousa senón porque vos amo moito, e vexo que vos queixades por iso, señora de min e meu ben e meu mal, velaquí estou no voso poder.

(III) Señora, se vós considerades razoábel que eu reciba xa morte por isto, eu non teño quen me defenda de vós, e por iso, coita do meu corazón, velaquí estou no voso poder, (1) en que sempre estiven e xa sempre hei estar.
 

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C (I, II [= Tav 155:11]) + 10a 10b 10b 10a 10B (III [= Tav 147bis:1]) + 10c

Notas


Texto
  • *

    A conexión desta cantiga coa cantiga 560 de Don Denis, co mesmo íncipit e parte do v. 2, parece evidente.

  • 3

    Dado que queixar (tamén nos vv. 1, 6 e 8) é un verbo fundamentalmente pronominal, resulta certamente estraño que nas anteriores edicións sexa utilizada, contra a lección de B (<uos> A, <u> B), a forma tónica vós, que resulta anómala no contexto.

  • 5

    Aque é un adverbio presentativo (‘eis, velaí’) de uso limitado no corpus profano: 52.24, 246.6, 268.8, 553.4, 857.1, 1641.18. Debe ser forma oxítona, pois nas Cantigas de Santa Maria aparece en rima aguda (con fe, é, sé e ): E en pe / sse levou e diss’: «Aque / m’estou tod’aprestidado / De log’ir» (CSM 135.109); E diz un a outr’: «Aque o / angeo que ven do ceo, / que alça aquele veo / e faz no aire parar» (CSM 405.36).

  • 16

    A forma foi (fui en B) é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado