206 [= Tav 125,1]
Ai Deus, que grave coita de sofrer

Ai Deus, que grave coita de sofrer:
desejar mort’e aver a viver
com’oj’eu viv’, e mui sen meu prazer!
Con esta coita que me ven, tanta,
desejo mort’e queria morrer
porque se foi a rainha franca.
A esta coita nunca eu par vi:
desejo morte, pero vivo assi,
per bõa fe, a gran pesar de min;
e direi-vos que me máis quebranta:
desejo morte, que sempre temi,
porque se foi a rainha franca.
Ai, coitado con quanto mal me ven,
porque desejo mia mort’, e por én
perdi o dormir e perdi o sén,
e choro sempre quand’outren canta,
e máis desejo morte d’outra ren
porque se foi a rainha franca!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 222

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 806); Blasco (1984: 217 [= LPGP 810]); Lopes (2002: 419); Marcenaro (2012b: 319); Littera (2016: II, 364-365).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 95-96); Machado & Machado (1949: I, 363); Fernández Pousa (1953: 28); Rios Milhám (2018a: II, 206).
III. Antoloxías: Varela Jácome (1953: 49); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 197).

Variantes manuscritas


5 morte] morte(r) B; morrer] morrer (por) B   10 -vos] uos B; quebranta] q̄ brāca B   12 rainha] Rayā B   18 rainha] rrayā B

Variantes editoriais


2 a] de Lopes, Littera   5 queria] quer[r]ia Marcenaro   6 rainha franca] Rainh’a França Lopes   9 min] mi Michaëlis, Lopes, Littera   10 vos] vus Michaëlis : vos Blasco   12 rainha franca] Rainh’a França Lopes : Ray[nh]a franca Blasco   13 mort’] morte Marcenaro   14 mort’, e por én] morte, poren Blasco : morte, por én Michaëlis, Marcerano : morte! Por én Lopes   18 rainha franca] Rainh’a França Lopes

Paráfrase


(I) Ai Deus, que gran coita para sufrir: desexar a morte e ter que vivir como eu vivo hoxe, e moi sen o meu pracer! Con esta coita que me vén, tanta, desexo a morte e quería morrer, porque se foi a raíña franca!

(II) A esta coita eu nunca lle vin igual: desexo a morte, mais vivo así, abofé, moi contra a miña vontade; e direivos o que máis me quebranta: desexo a morte, que sempre temín, porque se foi a raíña franca!

(III) Ai coitado, con todo o mal que me vén porque desexo a miña morte, e por iso perdín o sono e perdín o xuízo, e choro sempre cando outro canta, e desexo a miña morte máis do que outra cousa, porque se foi a raíña franca!
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 9’b 10a 9’B (= Tav 13:44)

Encontros vocálicos: 8 vivo‿assi

Notas


Texto
  • 4-6

    Nótese a rima defectuosa tanta : franca, o mesmo que nos vv. 10-12 (quebranta : franca) e 16-18 (canta : franca), sempre coa equivalencia acústica /t/:/k/ entre oclusivas xordas (dental e velar, respectivamente), a mesma que en abeto : bureco (1483.10-11) e moi similar á equivalencia /d/:/g/ (oclusivas sonoras, tamén dental e velar) en pague : alvaiade (1612.12-13). Véxanse notas a 206.4-6, 453.5-6, 494.7-8, 595.19-20 e 698.5-6.

  • 6

    Non está clara a referencia exacta do sintagma rainha franca: ‘raíña franca’ ou ‘raíña francesa’? Talvez a cantiga encubra algún tipo de escarnio, especialmente tendo en conta que o refrán podería ser lido, tal como apunta en nota Carolina Michaëlis (e adopta Lopes), porque se foi a rainh’a França, cun simple erro <c>/<ç>.
    En calquera caso, seguramente se trata da segunda muller de Fernando III, amante de don Henrique, irmán do Sabio, Jeanne de Pointieu (véxanse as cantigas 1409 e 1418 de Gonçal’Eanes do Vinhal).

  • 14

    A segmentación de e en mort’e facilita a sintaxe co enlace copulativo entre cláusulas, acorde cos modos expresivos da cantiga de amor.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado