154 [= Tav 11,2]
Ai Deus, que coita de sofrer

Ai Deus, que coita de sofrer
por aver gran ben a querer
a quen non ousarei dizer
da mui gran cuita’n que me ten!
Non ll’ouso dizer nulla ren
da mui gran coita’n que me ten!
Ja sempr’en coita viverei:
amo qual dona vos direi
a que dizer non ousarei
da mui [gran] c[uita’n] q[ue] m[e] t[en!]
N[on] l[l’ouso dizer] n[ulla] r[en]
da m[ui gran coita’n que me ten!]
Se lle d’al quiser ementar,
sol non ll’én crecerá pesar,
pero non ll’ousarei falar
da mui g[ran] c[uita’n] q[ue] m[e] t[en!]
N[on] l[l’ouso dizer] n[ulla] r[en]
da m[ui gran] c[oita’n] q[ue] m[e] t[en!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 66, B 178

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 141); Minervini (1974: 40-41 [= LPGP 109-110]); Littera (2016: I, 108-109).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 73); Carter (2007 [1941]: 41); Machado & Machado (1949: I, 271-272); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 154).

Variantes manuscritas


2 gran ben] gram (que coyta) ben B   13 lle] lhi B; ementar] enmentar B   14 én] eu B

Variantes editoriais


4 cuita’n] coita ‘m Littera   8 vos] vus Michaëlis, Minervini   9 que] quen Michaëlis, Minervini : quem Littera   10 c[uita’n]] coita’n Michaëlis : coita ‘m Littera   13 lle] lhi Minervini, Littera; enmentar] ementar Michaëlis   16 c[uita’n]] coita’n Michaëlis : coita ‘m Littera

Paráfrase


(I) Ai Deus, que coita (teño) de sufrir por ter que amar a quen non me atreverei a falar da moi gran coita en que me ten! Non lle ouso dicir nada da moi gran coita en que me ten!

(II) Xa sempre vivirei en coita: amo tal dona cal vos direi, a quen non lle ousarei falar da moi gran coita en que me ten! Non lle ouso dicir nada da moi gran coita en que me ten!

(III) Se dalgunha outra cousa lle quixer falar, ningún pesar sentirá por iso, mais non lle ousarei falar da moi gran coita en que me ten! Non lle ouso dicir nada da moi gran coita en que me ten!
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8B 8B 8B (= Tav 19:26)

Notas


Texto
  • 4-6

    Nótese a convivencia das variantes cuita (v. 4) / coita (v. 6) no refrán, referendada pola lección unánime dos manuscritos, que algúns editores tentaron contraditoriamente nivelar: Michaëlis introduce unha sorprendente variación no refrán ao propor coita en vez de cuita no v. 1 do refrán das estrofas II e III para nivelalo co v. 3, onde xa A ofrece coita. En calquera caso, esta concorrencia de variantes apunta á variación do grupo vocálico [uj]/[oj], de diversas procedencias, cuxos resultados conviven no corpus aínda que se detecten certas preferencias, nomeadamente pola forma cuita en A fronte a coita (e derivados) en BV (véxase Monteagudo 2013).  

    Nos vv. 1 e 3 do refrán é utilizada a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4

  • 9

    Lémbrese que o relativo que ten tamén o valor de ‘quen’ na lingua medieval. Véxase nota a 47.21-22.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado