I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 613-614 [= LPGP 929]); Lopes (2002: 449); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 256); Littera (2016: II, 493-494).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 341-342); Braga (1878: 188); Machado & Machado (1958: VI, 124).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 325-326); Diogo (1998: 117).
1 Querri’agora] Queiriagora B 2 posfaçador] posfa cador B : possacador V 3 posfaçar] poffacar B : posfazar V 4 posfaçado] posfacado B 5 coidar] cuydar V 6 coita] coyta(r) B; posfaçar] poffacar B : fosfazar V 9 posfaçar] poffacar B 14 posfaçar] poffacar B; e tan B : etā V 15 enartado] eu artado B 17 posfaçar] poffacar B 19 posfaçar] poffacar B : posfazar V 20 nen] nō V 21 dest’é el] desto e el BV
3 [e]] [pois] Lopes, Littera 4 soub’] sab’ Lapa, Lopes, Littera 5 e pero] e[m]pero Lopes 7 ca non [de] posfaçar] e a non posfaçar Lapa : ca nom [vai] posfaçar Lopes, Littera : e á non posfaçar Lorenzo Gradín & Marcenaro 10-11 ca xo deostan [e] el o melhor / faz] ca, s[e] o deostan, ele melhor / faz Lapa : ca, se o deostam, el o melhor / faz Lopes, Lorenzo Gradín & Marcenaro : ca, x[‘i] o deostam, el o melhor / faz Littera 14 tan] e tan Lapa, Lopes, Littera 18 nen un] nẽum Littera 20 nen un] nẽum Littera 21 dest’é el] desto é Lorenzo Gradín & Marcenaro 23 cha] ch’o Lopes : cho Littera; o] ó Lapa, Lopes, Littera
(I) De boa gana querería agora saber dun home que teño por moi maldicente e que sente moito gusto en falar mal dos outros, se el soubo agora como é deostado, aínda que, na miña opinión, sábeo, e por iso sofre o mal por deostar, mais non por deostar sen motivo.
(II) E, porque o sabe, fai moi ben en deostar −nunca peor o vin facer−, porque o deostan e el fai o mellor que pode facer, porque tal é xa o seu castigo, que o deostan, pois eu, desde que nacín, nunca vin ninguén no mundo por deostar tan mal deostado.
(III) Nisto non vos está el enganado, antes penso que sabe moi ben falar mal de amigo e de señor e non librar ninguén de malediciencia; e téñolle por cousa correcta o non falar ben de ninguén, pois disto, de que ninguén fale ben del, está el ben libre.
(1) E diga el, despois de dicir moito mal: «Tal cal cha fixer o compadre, outra tal lle farás: así serás vingado».
Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 10b 9’a 10c 10c 9’a (= RM 161:226) + 10d 10d 9’a
Encontros vocálicos: 4 ora‿el; 21 é‿el
A reintegración da conxunción e no inicio do verso está sustentado pola moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia nesa posición, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.
A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
Por outra banda, fronte á xeral variación coidar AN / cuidar BV, a diverxencia -oi-/-ui- na familia léxica de coidar entre os cancioneiros italianos é infrecuente. Véxase tamén coidar B / cuidar V en 681.4, 1336.20 e 1406.5. Cfr. nota a 570.9. Véxase Monteagudo (2013 e 2015).
A necesaria reintegración da preposición de devolve á pasaxe o sentido, escaso nas edicións precedentes, con emendas e reintegracións discutíbeis.
Articulamos o período dun modo simple (nótense os cambios nas anteriores edicións), coa reintegración da copulativa, facilmente omitida por contigüidade (<e el>).
O sentido, e a sintaxe, da pasaxe delata o carácter espurio da eventual copulativa e (*nunca vi ome [...] en posfaçar e tan mal deostado), con presenza adventicia en interior de verso, tal como se pode comprobar nalgún outro contexto do corpus (véxase, por exemplo, 830.9 ou 1076.7), e moi especialmente no inicio de verso, onde é especialmente frecuente a necesidade da súa expunción. Non obstante, a copulativa permanece no texto editado por Lapa, Lopes e Littera.
O verbo enartar ‘enganar por medio de artes’ aparece como participio tamén en 856.21, así como nas Cantigas de Santa Maria, onde é relativamente frecuente (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. enartar). Alén da lírica trobadoresca, só achamos esta voz noutras tres obras. Así, no Foro Real afonsino:
Primeyramẽte deffẽdemos que nenhuu judeu nõ seya ousado de susacar nen enartar nenhuu crischaao q(ue) se torne de ssa ley nẽ de o retalhar na pissa e q(uẽ) o fez(er) moyra poren (CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira).
Coa variante gráfica (tardía) emartado atéstase na Crónica Geral de Espanha de 1344:
E Lictario, fazendo em seu principio suas batalhas con os Godos sobre o feyto de Roma e hyndolhe bem con elles, demandou conselho aos idollos e aos adevynhos que farya e foy emartado ẽnos synaaes dos spiritus e ẽnas respostas das adevynhãças (cfr. CGPA, s.v., ed. Cintra).
E tamén no Virgeu de Consolaçon:
E sabe o que pode torvar per pensaçon, e o que pode enganar per razon, e o que pode apremar per medo, e os que pode enartar per maravilhas (cfr. CdP, s.v.).
A solución tradicional para resolver a hipermetría do verso (desto é el > dest’é el) parece a máis aceptábel, á vista da vacilación entre sinalefa e crase que se detecta ao longo do corpus trobadoresco. Efectivamente, a necesidade de realizar a sinalefa é‿el obriga á redución fonética, que, en calquera caso, semella preferíbel á directa omisión do pronome el (Lorenzo Gradín e Marcenaro), con presenza simétrica no primeiro verso da estrofa.
Na crase cha participa a forma pronominal che como CI, fronte ao CD te, procedente da palatalización por fonética sintáctica do lat. te (véxase Ferreiro 1999: §§104b, 155.2), ao longo do corpus trobadoresco achamos casos diversos (Ferreiro 2012c), o mesmo que na prosa, con perto de 150 ocorrencias da forma palatalizada en textos galegos no banco de datos do TMILG, s.v. che, chi, cho(s), cha; en textos escritos en Portugal só se pode localizar na contracción cho,-a nuns poucos contextos, que se concentran na Demanda do Santo Graal (véxase CGPA, s.v.).
Lorenzo Gradín & Marcenaro non integran a derradeira frase da cantiga no parlamento do ome, que comeza no v. 23.