(I) De boa gana querería agora saber dun home que teño por moi maldicente e que sente moito gusto en falar mal dos outros, se el soubo agora como é deostado, aínda que, na miña opinión, sábeo, e por iso sofre o mal por deostar, mais non por deostar sen motivo.
(II) E, porque o sabe, fai moi ben en deostar −nunca peor o vin facer−, porque o deostan e el fai o mellor que pode facer, porque tal é xa o seu castigo, que o deostan, pois eu, desde que nacín, nunca vin ninguén no mundo por deostar tan mal deostado.
(III) Nisto non vos está el enganado, antes penso que sabe moi ben falar mal de amigo e de señor e non librar ninguén de malediciencia; e téñolle por cousa correcta o non falar ben de ninguén, pois disto, de que ninguén fale ben del, está el ben libre.
(1) E diga el, despois de dicir moito mal: «Tal cal cha fixer o compadre, outra tal lle farás: así serás vingado».