1327 [= RM 30,6]
Bispo, senhor, eu dou a Deus bon grado

Bispo, senhor, eu dou a Deus bon grado
porque vos vej’en privança entrar
d’el-rei, a que praz d’averdes logar
no seu conselho máis d’outro prelado;
e, porque eu do vos[s]o talan sei
qual prol da vos[s]a privança terrei,
rogo eu a Deus que sejades privado
do bispado e de quant’al avedes;
fazede sempre quant’al rei prouguer,
pois que vos el por privad’as[s]i quer,
e, pois que vós altos feitos sabedes
e quant’en sis’e en conselho jaz,
bispo, senhor, pois desto al rei praz,
fio per Deus que privado seredes
per este Papa: quen dovidaria
que non tiredes gran prol e gran ben
quand’el souber que, pelo vosso sén,
el-rei de vós máis d’outro bispo fia?
E, pois vos el-rei aqueste logar dá,
bispo, senhor, u outra ren non á,
vós seeredes privado toda via
deste vosso beneficio [ja]
con oficio: quen dovidará
que vo-l’esalcen en outra contia?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 1310, V 915

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 177-178 [= LPGP 248-249]); Pagani (1971: 119-120); Lopes (2002: 504); Littera (2016: I, 326-327).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 311-312); Braga (1878: 171); Machado & Machado (1958: VI, 35).
III. Antoloxías: Torres (1977: 299); Tavares & Miranda (1987: 332).

Variants manuscrites


2 vos] uos BV; privança] priuāca B   3 logar] leg̃ V   6 privança terrei] priuāca teirey B : priuāca terrey V   7 eu] om. B   8 do bispado] Dobrendo B : Dobrando V   9 quant’al] q̄ntal V   10 as[s]i] asy B : aƥ V   11 vós] ues B; feitos] fccōs V   13 bispo] Vr̄o B : ur̄o V; senhor] señ V   15 este] queste V; quen] ꝙʷ B   16 que] quen V; gran] gradꝯ B; prol] (ꝓl) / ꝓl V   18 vós ... bispo] uꝯ ... vr̄o BV   19 aqueste] aq̅sta B   20 bispo] Bispo B : disto V   21 toda via] aodauya B : aodauya V   22 beneficio] beneficoo V   24 vo-l’] uoł B; contia] tōtya V

Variants editorials


En Lapa a disposición da fiinda é diferente:

    deste vosso benefício com oficio,
    quem duvidará
    que vo-l’esalcen en outra contia?

Tamén en Lopes e Littera:

    deste vosso benefício
    com ofício,
    quem duvidará
    que vo-l’esalcem em outra contia?

5 vos[s]o] voso Pagani   7 eu] om. Pagani   8 do] om. Pagani; bispado] obrando Pagani : [pre]bendo Lopes, Littera   13 bispo] baron Pagani : varom Lopes, Littera   15 dovidaria] duvidaria Lapa, Lopes, Littera   18 bispo] baron Pagani : varom Lopes, Littera   21 seeredes] seredes Lopes   22 deste] desse Lapa; [ja]] om. Lapa, Pagani, Lopes, Littera   23 dovidará] duvidará Lapa, Lopes, Littera

Paràfrasi


(I) Señor bispo, eu dou grazas a Deus porque vos vexo entrar na privanza do rei, a quen lle prace que teñades un lugar no seu consello antes que calquera outro prelado; e porque eu polo voso talante sei ben o proveito que obterei da vosa privanza, rogo a Deus que sexades privado (II) do bispado e de todo o resto que tendes; facede sempre todo canto ao rei lle prouguer, xa que vos el así quere de privado, e xa que vós tendes coñecementos de grandes feitos e de canto é relativo ao bo xuízo e ao bo consello, señor bispo, xa que isto lle prace ao rei, confío en Deus que seredes privado (III) por este Papa: quen dubidaría que non recibiredes un gran proveito e un gran ben cando el souber que, polo voso bo xuízo, o rei se fía máis de vós que de ningún outro bispo? E xa que o rei vos dá este lugar, señor bispo, certamente, vós seredes privado de todas as maneiras (1) deste voso beneficio con oficio: quen porá en dúbida que volo aumentarán en contía.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:133) + 10c 10c 10’a

Encontros vocálicos: 7 rogoeu; 18-19 fi·a/E; 21 se͜e·re·des; 22 be·ne·fi·ci·o; 23 o·fi·ci·o 

Notes


Text
  • *

    Esta composición está dirixida contra Miguel Vivas, bispo eleito de Viseu, que tamén é obxecto doutra sátira de Estevan da Guarda (UC 1339), ben como é citado directamente na rúbrica de UC 1447 (D. Pedro de Portugal) e de UC 1471 (Joan de Gaia). O confesor da raíña D. Isabel foi unha moi importante figura na corte de D. Afonso IV, fillo de D. Denis: “Occupa il ruolo di vedor da chancelaria o cancelliere del monarca fra 1325 e 1338, assieme a differenti benefici ripartiti in varie diocesi” (cfr. Marcenaro & González 2024: s.v. Miguel Vivas). En 1329 ou 1330 converteuse en bispo de Viseu, mais semella que nunca foi confirmado como tal polo Papa (véxase Projeto Littera, s.v. Miguel Vivas). Véxase tamén BITAGAP (bioid 1994) e Jabares Fernández (2022).
    En face de Lapa e Pagani, que editan o sintacticamente ambiguo texto de Estevan da Guarda con estrofas independentes, unimos sintáctica e semanticamente todas as estrofas e a fiinda, de acordo coas edicións de Lopes e Littera, así como coa relación de cantigas ateúdas atá a fiinda (Gonçalves 2016 [1993]: 269-270). Deste modo, a palabra chave é privado, que actúa como eixo ligador entre as tres cobras.
    Tal como se explica no Projeto Littera (consult. 1-3-2022), «[a]parentemente, e lendo cada estrofe isoladamente, Estêvão da Guarda parece aqui felicitá-lo pela sua nomeação para o cargo. De facto, a cantiga joga com os dois sentidos da palavra privado (substantivo e particípio passado): se lermos as estrofes encadeadas até à finda, é o segundo sentido (privado de) que sobressai»
    A cantiga de Estevan da Guarda parece formar conxunto con outras tres composicións (UC 1339, tamén de Estevan da Guarda; UC 1447, de D. Pedro de Portugal; 1471, de Joan de Gaia) que satirizan a figura de Miguel Vivas, nomeado bispo de Viseu en 1330 e morto en 1335, que foi privado do rei Afonso IV de Portugal (véxase UC 1339).

  • 4

    Repárese no carácter erudito do termo prelado, do lat. praelatum ‘preferíbel, superior’, xa documentado desde cedo, como acontece con algúns cultismos de carácter relixioso.

  • 5

    A voz talan (‘desexo, vontade, inclinación’) é palabra de orixe galo-románica, seguramente provenzal (cfr. prov. talan ~ talen,  fr. talant, do lat. talentum), que escurece o uso de talante (só en 924.21 e 1334.11). Véxase García-Sabell Tormo (1990: s.v. talan).

  • 8-20

    No que di respecto á lectura e interpretación das leccións <Do brendo> B, <Dobrando> V, a opción de Lapa semella a máis axeitada (do bispado), en relación co bispo fixado nos vv. 13 (<Vrō> B : <urō> V), 18 (<vrō> BV) e 20 (<Bispo> B : <disto> V). Os erros nas abreviaturas de bispo (<bp̄o>, cfr. Nunes 1981: 37) eran frecuentes nos apógrafos italianos, como mostran a formas rexistradas na cantiga 1611, onde reaparece a voz bispo con diversas abreviaturas, algunhas tamén erradas (<brō> V, v. 1; <vrō> V, v. 5; <bpō> BV, v. 8; <bp’o> B, v. 22), algunhas delas coincidentes coas da presente composición (véxase tamén <tp̄o> BV na rúbrica de UC 1471). Cfr. nota a 1611.1.
    No presente verso, Pagani fixa unha lectura obrando (“operando, con l’azione”), que con dificultades tenta articular sintáctica e semanticamente o texto; por súa parte, Lopes e Littera estabelecen un estraño (e inexistente) pre[bendo], definido como “renda do bispado”, que non se atesta en ningún texto1 . No entanto, do bispado parece a interpretación correcta á vista das abreviaturas dos vv. 13 e 18, que deberán ser lidas como formas erradas de bispo, tal como indica a súa presenza na cantiga UC 1611, lonxe do baron ~ varom de anteriores edicións (Pagani, Lopes, Littera).
    Por outra parte, no v. 8 a combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.8) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.

  • 14

    A preposición por presenta con moita frecuencia a forma par na expresión por Deus ~ par Deus; no resto dos usos alterna con per, sen que se perciba ningún matiz especial nunha ou noutra forma. En calquera caso, é certamente esporádico o sintagma per Deus, que só se rexistra neste verso e mais en 758.16.

  • 15

    Embora minoritaria (cfr. duvidará, v. 23), a variante dovidar (< dŭbĭtāre) ten presenza firme no período medieval e non existe razón ecdótico-lingüística para o seu apagamento en prol de duvidar.

  • 19

    É necesaria unha episinalefa fia/‿e para fuxir da expunción da copulativa inicial do verso.

  • 21

    A forma verbal seeredes (con hiato etimolóxico só nesta cantiga e mais en 457.2 e 545.13) computa sempre como trisilábica, igual que seredes, o cal demostra que, por veces, este tipo de hiatos nalgunhas formas conxugadas de seer son estritamente gráficos. Cfr. nota a 90.15.

  • 22-23

    As primeiras atestacións de beneficio ~ benefficio son de 1344, na Crónica Geral de Espanha e increméntanse a partir do inicio do século XV; polo contrario, oficio ~ officio ten as súas primeiras atestacións nos finais do século XIII (no Foro Real e en Tempos dos preitos, cfr. CGPA). En ambos os casos estamos perante formas eruditas, como revela a presenza de -cio (< -tium), que nas voces patrimoniais perdeu o iode e desembocou na terminación -ço (véxase Ferreiro 2001: §596.1). Canto ao cómputo métrico de -cio, é de supor que sexa bisilábico, tal como acontece con ne·ci·o nas Cantigas de Santa Maria.

  • 22-24

    A estruturación métrica da fiinda, cunha medida 10+9’, é proposta en Montero Santalla (2000: 620), en liña coas estrofas precedentes, e lonxe da complexa estrutura proposta en Lapa e Lopes e mais Littera.

  • 24

    Conforme os datos do Corpus do Galego-Portugués Antigo, a forma absolutamente dominante do derivado do lat. *exaltiare é exalçar, seguido por enxalçar e eixalçar, como corresponde á evolución de ex- + vogal (véxase Ferreiro 1999: §95b). A variante esalçar é, pois, moi rara, e só achamos o derivado ensalçamento na Crónica do Conde D. Pedro de Meneses (ed. Teresa Brocardo, véxase CGPA, s.v.): 

    primeiramemte o estado esp(ri)tuall, pello gramde ẽsallçamemto da samta ffee que se pellos trabalhos daquelles virtuosos barões naquella çidade rrecreçeo.

  1. ^

    Só achamos un prevendo, que nada ten a ver con ese significado, nun único documento de 1343: Testemoyas que foron presentes Iohan Peres, Martin Eanes, Iohan Vatistres çapateiros, Domingo Vidal pedreiro da obra de Santiago, Iohan Bernaldes piliteiro, Iohan Affonsi alfayate da rua do Villar, Pedro Eans de Saa clerigo prevendo, Alvar Dominges escrivan et Afonso Eans home do notario (cfr. CGPA).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat