(I) Señor bispo, eu dou grazas a Deus porque vos vexo entrar na privanza do rei, a quen lle prace que teñades un lugar no seu consello antes que calquera outro prelado; e porque eu polo voso talante sei ben o proveito que obterei da vosa privanza, rogo a Deus que sexades privado (II) do bispado e de todo o resto que tendes; facede sempre todo canto ao rei lle prouguer, xa que vos el así quere de privado, e xa que vós tendes coñecementos de grandes feitos e de canto é relativo ao bo xuízo e ao bo consello, señor bispo, xa que isto lle prace ao rei, confío en Deus que seredes privado (III) por este Papa: quen dubidaría que non recibiredes un gran proveito e un gran ben cando el souber que, polo voso bo xuízo, o rei se fía máis de vós que de ningún outro bispo? E xa que o rei vos dá este lugar, señor bispo, certamente, vós seredes privado de todas as maneiras (1) deste voso beneficio con oficio: quen porá en dúbida que volo aumentarán en contía.