Esta cantiga foi feita a ũu doutor que meteu por seu mes[s]egeiro pera juntar seu casamento ũu ome que era leigo e casado, e fora ante frade preegador; e o que se sal da orden chaman-lhe apostata. Esta cantiga é a de cima.
No final da columna b do folio en que comezou a copia do texto de Estevan da Guarda, despois da estrofa II, Colocci copiou a rúbrica, probabelmente sen se decatar de que estaba reproducida polo copista ao final da cantiga.
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 173-174 [= LPGP 260-261]); Pagani (1971: 113); Lagares (2000: 136 [rúbrica]); Lopes (2002: 501); Littera (2016: I, 265).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 310); Braga (1878: 170-171); Machado & Machado (1958: VI, 32-33).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 303); Tavares & Miranda (1987: 84); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 81); Diogo (1998: 204); Arias Freixedo (2003: 880-881).
Rúbrica: doutor] douror / Doutor B; mes[s]egeiro] mesegeyro / Mesegeyro B; juntar] īnt̃ B; ũu] Hũn B; ante frade preegador] aut̄ ffrade preergador B; chaman] camã V, é a de cima] om. B’
Texto:
2 bando] lando B 3 doutor] douror B 5 and’el] anda V 6 aposta ta] apostara B; fazenda] façenda V 7 baralha] taralha BV 9 doutor] douror B 11 por ti] poiry B : porcy V 12 aposta ta] apostara B 14 juntado] uītado V 15 doutor] douror B 16 quejenda] q̅ugenda BV 18 aposta ta] apostara B
Rúbrica: ũu] un Lapa : hun Pagani : um Lopes, Littera; ũu] un Lapa : hun Pagani : um Lopes, Littera; ome] hom Pagani; preegador] pregador Lopes, Littera; Esta cantiga é a de cima] om. Lapa
Texto:
4 enmenda] ẽmenda Lapa 6 com’aposta ta fazenda] com’apost’a ta fazenda Lapa, Pagani 9 ti] te Lapa : t’y Pagani 11 ti] si Lapa 12 com’aposta ta fazenda] com’apost’a ta fazenda Lapa, Pagani : como apostat’a Lopes, Littera 15 cab’o] cabo Pagani, Lopes, Littera 18 com’aposta ta fazenda] com’apost’a ta fazenda Lapa, Pagani : com’há posta ta fazenda Lopes, Littera
Esquema métrico: 7’a 7’a 7’a 7’b 7’a 7’B (= RM 13:66)
Encontros vocálicos: 3 como‿ou; 14 preito‿aver
O termo messegeiro, a forma precedente do actual mensaxeiro (port. mensageiro), presenta na rúbrica non o valor de ‘mensaxeiro’, mais o de ‘mediador, representante, negociador’ no acto de juntar (‘organizar, concertar’) o casamento do doutor. Este valor semántico de messegeiro pode verse con clareza nunha pasaxe do Sacramental de Clemente Sánchez Vercial (cfr. CGPA, ed. J. Barbosa Machado):
E asi os que ouuerẽ de cassar foren absentes, deuese fazer en esta maneyra: sẽdo presente o mesageyro do varon que ha de casar e a molher com que ha de casar, o mesegeyro deue dizer hasi a ella: Johane ou Afonso meu senhor, cujo precurador e mesajeyro eu som, vos envia muyto saudar e vos enuia dizer e çertificar que elle por myn asi como mesageyro medeaneyro e procurador seu vos rresçebo por sua esposa e ssua molher e outorga e consente em vos asi como en molher sua e eu en seu nome asi ho outorgo e consynto.
A burla parece incidir no desproporcionado empeño que o ex-frade puña no caso, probabelmente porque tamén era ‘leigo’ no sentido de pouco formado para tal encomenda. En todo o caso, o fundamento da burla radica nos xogos sintácticos do refrán que fan confluír foneticamente o verbo apostatar (‘renunciar á vida relixiosa’) e apostar (‘arranxar, dar un bo aspecto’), tal como xa se indica na rúbrica.
Enmenda (tamén en 559.5) convive con emenda (só en 1344.14), o mesmo que enmendar, do lat. emendāre (1.4, 1344.13) é variante concorrente con emendar (37.22). En principio, esta variante mostra a aparición do raro –na altura– grupo consonántico -nm- debido á presenza do prefixo en- (tamén poderiamos interpretar a secuencia <mm> como unha xeminación gráfica de <m>), a semellanza doutros casos en que este grupo é produto da adición do prefixo a unha base lexical comezada por [m] (enmentar, enmentre). En calquera caso, véxanse nos bancos de datos diversas ocorrencias de emmendar en textos de diverso teor (véxase CGPA, s.v.).
Nesta pasaxe (igual que en 559.5), enmenda fai parte da expresión verbal fazer enmenda ‘recompensar’, cuxo significado se percibe en textos diversos:
Ca tal pẽa como esta nõ sse dá p(er) rrazõ d’erdade do m(o)rto mays por uedar o mao f(ey)to e p(or) ffaz(er) ẽmenda a sseus parẽtes de desonrra q(ue) rreceberõ e aos out(ro)s en cuio logar era ssoterrado (Primeyra Partida; cfr. CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira).
Et dissolle que o nõ leixaria passar sem lide, ata que lle fezese enmenda da grã desonrra que lle auya feyta, en lle correr a sua conquista et dos seus vasalos (Crónica Geral Galega; cfr. CGPA, ed. R. Lorenzo).
A rúbrica, coa alusión ao apóstata, marca a dirección interpretativa subxacente do refrán, cuxa secuencia fónica permite, como mínimo, dúas posibilidades de fixación conforme se segmente ou non o posesivo. É por isto que en Lopes se adoptou unha diferente lectura en cada estrofa mostrando as diversas posibilidades interpretativas, embora a terceira sexa moi forzada: I com’aposta ta fazenda - II com’apost’a ta fazenda - III com’ha posta ta fazenda.
Téñase en conta que merenda, como forma verbal procedente do verbo merere ‘merecer’, significa inicialmente ‘aquilo que se merece’ e ‘gratificación’ (acepcións anteriores á moderna de ‘comida a media tarde’), como se desprende, por exemplo, do seguinte texto:
Primeyramente ordenamos e ...... que qualquer persona ou personas, asi pedreyro ou pedreyros, toneleyro ou toneleyros, carpenteyro ou carpenteyros que vier de fora parte e quiser guanuso para si, que page dentrada para a dita confraría saseenta mrs. vellos e hua merenda para os vigarios da dita confraría e capelan dela (doc. 1471; cfr. CGPA, ed. López Ferreiro).
Con todo, é posíbel que o trobador xogue cos dous sentidos de merenda, pois a acepción actual xa se desprende do uso de merendar nas cantigas marianas: E dar-ll-ei que jante, e demais que merende (CSM 6.30).
E tamén nunha cantiga de Martin Soarez, embora exista a posibilidade de fixar un outro texto alternativo (cfr. me rendo logo...):
E pois, quando me vej[o] en meu lezer,
merendo logo e pois vou mia via,
e leix[o] i putas de mí ben dizer
e de mias manhas e de mia folia (1376.26).
O pronome relativo quejendo/a ‘cal, de que tipo’ (< quĭd genĭtu) é de escaso uso na lingua trobadoresca (véxase, coa forma quejando en 59.6 e 559.6) e, mesmo, nos textos posteriores, cunhas decenas de documentacións na prosa portuguesa do século XV (cfr. CdP, s.v. quejendo, quejando, queyando etc.). Dado que non se rexistra no banco de datos do TMILG, parece unha forma exclusiva de autores portugueses (Fernan Lopez, Gomes Eanes de Zurara, Duarte Galvão etc.)1 , pois aparece con relativa frecuencia ao longo do século XV (véxase CGPA, s.v. quejendo, quegendo, quejando).
Aínda era utilizado por Sá de Miranda no século XVI (véxase o “Glossario das Palavras portuguesas e castelhanas antiquadas ou raras”, en Michaëlis 1989 [1885], s.v. quejando).