1305 [= Tav 67,4]
Foi eu, madr’, en romaria a Faro con meu amigo

Foi eu, madr’, en romaria a Faro con meu amigo
e venho del namorada por quanto falou comigo,
ca mi jurou que morria
por mí, tal ben mi queria!
Leda venho da ermida e desta vez leda serei,
ca falei con meu amigo, que sempre [muito] desejei,
ca mi jurou que morria
por mí, [tal ben mi queria!]
D’u m’eu vi con meu amigo vin leda, se Deus mi perdon,
ca nunca lhi cuid’a mentir por quanto m’el diss[e] enton,
ca mi jurou [que morria
por mí, tal ben mi queria].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1289, V 894

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 447 [= LPGP 434]); Cohen (2003: 523); Littera (2016: I, 501).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 304); Braga (1878: 167); Machado & Machado (1958: VI, 11); García (2001: 52); Montero Santalha (2004); Vázquez García (2016: 168).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 99-100); De la Iglesia (1886: II, 149-150); Seoane (1941: 129-130); Fernández Pousa (1951: 46); Nunes (1959: 309); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 107-109); Spina (1972: 354); Álvarez Blázquez (1975: 149); Landeira Yrago (1975: 166); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 96).

Variantes manuscritas


1 Foi] Fui V; amigo] amigue B : amiguo V   3 morria] moiria B   6 desejei] sedeiey B   7 morria] moiria B   9 vi] (mi)\vi/ B; perdon] pardō B   10 diss[e] enton] disseron V   11 jurou] uirou V

Variantes editoriais


En Nunes os vv. 1-2 de cada estrofa divídense en versos heptasílabos graves e/ou octosílabos agudos.

1 Foi] Fui Nunes, Cohen, Littera   10 m’el diss[e] enton] m’el diss’enton Nunes : m’ el<e> diss’enton Cohen

Paráfrase


(I) Fun eu, madre, en romaría a Faro co meu amigo e del veño namorada por canto falou comigo, pois xuroume que morría por min, tanto me quería!

(II) Leda veño da ermida e desta vez estarei leda, pois falei co meu amigo, que sempre desexei moito, pois xuroume que morría por min, tanto me quería!

(III) De onde me vin co meu amigo vin leda, así Deus me perdoe, porque nunca penso mentirlle por todo o que me dixo daquela, pois xuroume que morría por min, tanto me quería!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 15’a 15’a 7’B 7’B (I [= Tav 37:15]) + 16a 16a 7’B 7’B (II-III [= Tav 37:4])

Notas


Texto
  • 1

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer –e de ir– (cfr. fui en V), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso : a pesar de que, normalmente, se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), debido á acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece de modo esporádico como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

    Faro refírese á ermida de Santa María do Faro, en Chantada, Lugo.

  • 6

    As dúas sílabas métricas ausentes do verso fican ben cubertas con muito, solicitado polo contexto e de uso frecuente co verbo desejar (cfr. muito desejei en 511.11, 826.17 e 21).

  • 9

    Emendamos a forma *pardon (<pardō>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85). De feito, das case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado