1248 [= Tav 64,14]
Madr’, o que sei que mi quer mui gran ben

Madr’, o que sei que mi quer mui gran ben
e que sempre fez quanto lh’eu mandei
(e nunca lhi desto galardon dei,
mia madre) ven e el quer ja morrer
por mí d’amor, e, se vos prouguer én,
vós catad’i o que devo fazer,
ca non pode guarir se per min non,
ca o am’eu, e el, des que me viu,
[a]quanto pôd’e soube me serviu;
mais, pois lh’eu poss’a tal coita valer
come de morte, se Deus vos perdon,
vós [catad’i o que devo fazer],
ca d’el morrer, madre, per bõa fe,
mi pesaria quanto mi pesar
máis podesse, ca en todo logar
me serviu sempr’a todo seu poder;
e, pois veedes com’este preit’é,
vós catad’i [o que devo fazer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1232, V 837

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 403-404); Zilli (1977: 130 [= LPGP 417]); Cohen (2003: 467); Littera (2016: I, 484-485).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 288); Braga (1878: 158); Machado & Machado (1956: V, 345-346).

Variantes manuscritas


1 Madr’, o] M(uyto) adro B; gran] grã B   4 morrer] moirer B   11 perdon] pardon B   13 morrer] moirer B; bõa] boa B   16 me] meu B; poder] om. V   17 com’este] Cōmeste B

Variantes editoriais


5 vos] vus Zilli   9 [a]quanto] [a] quanto Zilli, Cohen   10 poss’a tal coita valer] poss’atal coita valer Littera   11 vos perdon] vus pardon Zilli   13 d’el] del Littera; bõa] boa Zilli

Paráfrase


(I) Madre, o que sei que me ama moito e que sempre fixo canto lle mandei (e nunca por isto lle dei galardón, miña nai) vén e quere xa morrer por min de amor, e, se iso vos prouguer, vós considerade niso o que debo facer, (II) porque non pode sobrevivir se non é por min, porque o amo, e el, desde que me viu, sempre me serviu canto puido e soubo, mais, dado que lle podo valer en tal coita de morte, así Deus vos perdoe, vós considerade niso o que debo facer, (III) porque, se el morrese, me pesaría, madre, abofé, canto máis me puidese pesar, pois en todo lugar me serviu sempre canto puido, e, pois vedes como está a situación, vós considerade niso o que debo facer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10C (= Tav 183:5)

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva, de tipo causal, entre as súas tres estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270) nin fose así considerada nas precedentes edicións. Véxase nota á cantiga 15.

  • 10

    Atal debe ser segmentado pola necesaria rexencia de valer coa preposición a.

  • 11

    Seleccionamos a lección de V <perdon>, fronte á forma *pardon (<pardon>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85). En efecto, de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 16

    Talvez a lección <meu> de B deba ser interpretada como <men>, de modo que se poida segmentar o pronome én no verso: ca en todo logar / m’én serviu sempr’a todo seu poder...

  • 17

    A grafía <cōm|> de B para com(o) mostra unha grafía latinizante que aparece esporadicamente nesta conxunción nos apógrafos italianos, mais que é moi frecuente na prosa galego-portuguesa. Véxase nota a 63.2.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado