1241 [= Tav 64,5]
Amigo, sei que á mui gran sazon

Amigo, sei que á mui gran sazon
que trobastes sempre d’amor por mí,
e ora vejo que vos travan i;
mais nunca Deus aja parte comigo
se vos eu des aqui non dou razon
per que façades cantigas d’amigo.
E, pois vos eles teen por melhor
de vos enfengir de quen vos non fez
ben, pois naceu, nunca nen ũa vez,
e por én des aqui vos [jur’e] digo
que eu vos quero dar razon d’amor
per que façades [cantigas d’amigo].
E sabe Deus que desto nulha ren
vos non cuidava eu or’a fazer;
mais, pois vos cuidan o trobar tolher,
ora verei o poder que an sigo,
ca de tal guisa vos farei eu ben
per que façades canti[gas d’amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1225, V 830

Edicións


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 128-129 [apéndice]); Nunes (1973 [1928]: 397-398); Zilli (1977: 103 [= LPGP 413]); Cohen (2003: 460); Littera (2016: I, 480-481).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 286); Braga (1878: 157); Machado & Machado (1956: V, 339).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 292-293); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 93).

Variantes manuscritas


4 aja] ala V   6 façades] fazades V; d’amigo] danugo B   8 enfengir] enfongir V   9 nen ũa] ne hūa B   12 façades] facades B : fazades V   16 verei] ue(e)rey B    18 façades] facades B : fazades V; canti[gas]] tāti V

Variantes editoriais


1 sazon] razon Nunes   3 vos] vus Zilli   4 comigo] con migo Nobiling   5 vos] vus Zilli   7 vos] vus Zilli; teen] tẽen Nobiling : têm Littera   8 vos ... vos] vus ... vus Zilli   9 nen ũa] nenhũa Zilli : nẽua Littera   10 vos] vus Zilli   11 vos] vus Zilli   14 vos] vus Zilli; or’a fazer] ora fazer Nobiling, Nunes, Zilli, Cohen, Littera   15 vos] vus Zilli   16 verei] vedes Nobiling, Nunes   17 vos] vus Zilli

Paráfrase


(I) Amigo, sei que hai moito tempo que sempre trobastes de amor por min, e agora vexo que vos censuran por iso, mais que nunca Deus me acompañe se vos eu a partir de agora non dou motivo para que fagades cantigas de amigo
(II) E, pois vos eles consideran mellor por vos gabar de quen nunca vos fixo ben, des que naceu, nin unha soa vez, por iso desde aquí vos xuro e digo que eu vos quero dar razón para que fagades cantigas de amigo
(III) E sabe Deus que disto cousa ningunha eu non vos pensaba facer agora, mais, pois pensan tirarvos de trobar, agora verei o seu poder, pois de tal modo vos farei eu ben para que fagades cantigas de amigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10’c 10a 10’C (= Tav 183:16)

Notas


Texto
  • 1

    Repárese na confusión sazon / razon en Nunes, tal como tamén se produce na copia manuscrita dalgunhas cantigas. Véxase, por exemplo, UC 66.1.

  • 10

    A emenda que se introduce no verso deriva do uso da fórmula jur’e digo no corpus. Cfr. mais ben vos jur’e digo-vos assi (1042.15).

    Nótese, ademais, o valor expletivo da copulativa inicial do verso: E, ... / ... / ..., / e por én des aqui vos [jur’e] digo / ...

  • 14

    Como acontece noutros sintagmas, e tamén coa perífrase dever + a + infinitivo (véxase nota a 60.14), convén segmentar, a diferenza dos precedentes editores, a preposición a: este elemento liga cuidar co infinitivo (cuidava eu or’a fazer), nunha construción que é maioritaria na lingua trobadoresca.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado