(I) Amigo, sei que hai moito tempo que sempre trobastes de amor por min, e agora vexo que vos critican por iso, mais que nunca Deus me acompañe se eu a partir de agora non vos dou motivo para que fagades cantigas de amigo. 

(II) E, pois eles pensan que o mellor que facedes é gabarvos de quen, desde que naceu, non vos fixo ben nunca, nin sequera unha vez, por iso desde aquí vos xuro e digo que eu vos quero dar motivo para que fagades cantigas de amigo. 

(III) E sabe Deus que nada disto vos pensaba eu facer agora, mais, pois pensan tirarvos de trobar, agora verei o poder que teñen, pois de tal modo vos farei eu ben para que fagades cantigas de amigo.