1214 [= Tav 92,5]
Nostro Senhor, e como poderei

Nostro Senhor, e como poderei
guardar de morte meu amig’e mí,
ca mi dizen que se quer ir d’aqui?
E, se s’el for, log’eu morta serei,
e el morto sera se me non vir,
mais quero-m’eu esta morte partir.
Ir-m’-ei con el, que sempre falarán
desta morte, que, se ventura for,
ca se quer ir meu lum’e meu senhor,
e, se se for, serei morta de pran,
e el morto sera se me non vir,
[mais quero-m’eu esta morte partir].
Irei co[n] el mui de grado, ca non
me sei conselho se mi-o Deus non der,
ca se quer ir o que mi gran ben quer,
e, se s’el for, serei morta enton,
e el morto sera se me non vir,
[mais quero-m’eu esta morte partir].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1198, V 803

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 384-385 [= LPGP 614]); Cohen (2003: 431); Littera (2016: II, 85).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 275); Braga (1878: 151); Machado & Machado (1956: V, 302-303); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


4 log’eu] legueu V   10 quer] q̄ V   14 der] đr V   15 gran] grã B

Variantes editoriais


8 se ventura for] se[n] ventura for Nunes, Cohen, Littera   10 se] s’e[l] Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Noso Señor, como poderei librar da morte o meu amigo e a min mesma, xa que me din que el se quere ir de aquí? Se se vai, eu morrerei, e el morrerá se non me ve, mais quero evitar esta morte.

(II) Ireime con el, e sempre falarán desta morte, se por acaso sucede, xa que se quere ir o meu amigo e o meu señor, e, se se vai, certamente morrerei, e el morrerá se non me ve, mais quero evitar esta morte.

(III) Irei con el moi de grado, pois non coñezo outro remedio se Deus non mo dá, xa que se quere ir o que me quere tanto, e, se se vai, eu morrerei, e el morrerá se non me ve, mais quero evitar esta morte.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:169)

Encontros vocálicos: 14 mi͜-o

Notas


Texto
  • 2

    Nótese a presenza da forma pronominal , forma oblicua tónica, que funciona como CD sen preposición (e como poderei / guardar de morte meu amig’e ), uso que é frecuente no corpus trobadoresco.

  • 8-9

    Todos os editores emendan o texto dos manuscritos por interpretaren que (v. 8) como pronome relativo a introducir a cláusula sen ventura for. Non obstante, os códices envían se, conxunción condicional que ten pleno sentido considerando que como conxunción causal, conxunción que se reitera, após unha frase parentética, no v. 9 coa variante ca, tal como acontece en diversas pasaxes do corpus (véxase 331.12, 1004.10-11 ou 1382.11-12): Ir-m’-ei con el, que sempre falarán / desta morte, que, se ventura for, / ca se quer ir meu lum’e meu senhor.

  • 10

    Por máis que nos versos simétricos das estrofas I e III sexa utilizado o pronome el, non é imperativa a súa restauración na estrofa II, pois constitúe máis un caso de variación no verso introdutorio do refrán:
              E, se s’el for, log’eu morta serei (v. 4)
              e, se se for, serei morta de pran (v. 10)
              e, se s’el for, serei morta enton (v. 16).

  • 13

    Consideramos a lección <co el> como un banal erro de copia por <cō el>, con omisión da consoante nasal (ou a súa abreviación) na preposición con, feito con presenza nos apógrafos italianos (647.2, 1337.17 etc.); na realidade, é un lapso similar ao frecuente erro de copia <no>/<nō>, por máis que na secuencia con el se rexistre en diversas ocasións (véxase tamén 714.4, 745.4, 1026.3 e 1492.23). Unha crase do tipo co’el (actualmente dialectal en galego) sería anacrónica por canto ese proceso de desaparición de -n- secundario por fonética sintáctica é un fenómeno que só se produciu moi tardiamente. Cfr. nota a 338.3.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado