1200 [= Tav 134,6]
O meu amig’, a que preito talhei

O meu amig’, a que preito talhei,
con vosso medo, madre, mentir-lh’-ei,
e, se non for, assanhar-s’-á.
Talhei-lh’eu preito de o ir veer
ena fonte u os cervos van bever,
e, se non for, assanhar-[s’-á].
E non ei eu de lhi mentir sabor,
mais mentir-lh’-ei con vosso pavor,
e, se non for, [assanhar-s’-á].
De lhi mentir nen un sabor non ei,
con vosso med’a mentir-lh’averei,
e, se non for, [assanhar-s’-á].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1184, V 789

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 372); Méndez Ferrín (1966: 133 [= LPGP 874]); Azevedo Filho (1995 [1974]: 39); Cohena (2003: 417); Cohenb (2014 [2013]: 17); Littera (2016: II, 411).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 271-272); Braga (1878: 148); Bell (1922: 258); Machado & Machado (1956: V, 284); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 51); Álvarez Blázquez (1975: 209); Torres (1977: 354); Beltrán (1987: 73); Dobarro Paz et alii (1987: 96); Tavani (1989: 5); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 212); Morán (1999: 61); [Morán] (2001: 71); Magalhães (2007: 105).

Variantes manuscritas


8 vosso] uossa B

Variantes editoriais


1 O] A Nunes   4 de] do Nunes   8 mentir-lh’-ei] mentir-lh[i]-ei Nunes : mentir lh’ ei [eu] Cohena, Cohenb : a mentir-lh’ei Littera; vosso] vossa Méndez Ferrín   10 nen un] nenhum Nunes : nenhun Azevedo Filho

Paráfrase


(I) Ao meu amigo, con quen concertei unha cita, heille mentir (non cumprirei o acordado), madre, por medo de vós, e, se non for (á cita), hase de enfadar.

(II) Acordei con el que o iría ver na fonte onde os cervos van beber, e, se non for (á cita), hase de enfadar.

(III) E non teño gusto en lle mentir, mais heille mentir por medo de vós, e, se non for (á cita), hase de enfadar.

(IV) En lle mentir non teño gusto ningún, (mais) por medo a vós heille de mentir, e, se non for (á cita), hase de enfadar.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a 8B (= Tav 26:78)

Encontros vocálicos: 5 fonte‿u; 8 ma·is

Notas


Texto
  • *

    Nas cantigas de Pero Meogo rexístranse varios elementos da natureza que teñen un valor simbólico. O cervo, símbolo ancestral da sexualidade masculina, é un trasunto do amigo; os cervos machos e femias que se xuntan no prado son símbolos eróticos e sexuais neste autor; a auga/a fonte (manancial) é símbolo ancestral e universal de fertilidade e, polo tanto, lugar propicio para os ritos pagáns de fecundidade. Nas cantigas a fonte é, pois, o lugar propicio para o encontro amoroso dos namorados: na fonte lava os cabelos a moza (expón o seu erotismo) en presenza do amigo, e o cervo avolve a auga, o que simboliza un encontro sexual entre os namorados.

  • 1

    Nótese o anacoluto que supón o inicio da cantiga coa ausencia da preposición introdutora do CI o meu amigo, e que explica a emenda –inxustificada– de Nunes: ‘Ao meu amigo ... mentireille’.

    Por outra banda, talhar preito, expresión frecuente na voz da amiga, é ‘resolver as cuestións, chegar a un acordo’ (véxase 606.2, 5, 7 e 10; 1200.1; 1402.7; 1430.26).

  • 2

    A fórmula con vosso medo ‘con medo de vós’ (tamén no v. 11), construída polo modelo exhortativo de con vossa graça (véxase 47.1) para suxerir o temor reverencial que a amiga ten da nai (tamén en 1188.2), tamén aparece nunha cantiga de amor, nese caso reflectindo o temor do namorado perante a dama (véxase 99.1).

  • 8

    Máis unha vez a contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c) converte en desnecesarias as diversas emendas dos editores (Nunes, Cohen, Littera). Neste sentido, a reintegración de Littera sería a máis lóxica a teor do texto do v. 11: mais [a] mentir-lh’ei con vosso pavor (v. 8) - con vosso med’a mentir-lh’averei (v. 11).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado