1193 [= Tav 85,5]
Aquestas noites tan longas, que Deus fez en grave dia

Aquestas noites tan longas, que Deus fez en grave dia
por min porque as non dórmio, e por que as non fazia
no tempo que meu amigo
soia falar comigo?
Porque as fez Deus tan grandes, non posso eu dormir, coitada,
e, de como son sobejas, quisera eu outra vegada
no tempo que meu amigo
soia falar comigo.
Porque as Deus fez tan grandes, sen mesura desiguaes,
e as eu dormir non posso, por que as non fez ataes
no tempo que meu amigo
soia falar comigo?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1176, V 782

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 367 [= LPGP 577-578]); Reali (1964: 50); Cohen (2003: 411); Littera (2016: II, 39-40).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 269); Braga (1878: 147); Machado & Machado (1956: V, 273).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 61-62); Bernárdez (1952: 108); Varela Jácome (1953: 20-21); Nunes (1959: 287-288); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 50-61); Spina (1972: 351); Álvarez Blázquez (1975: 202); Torres (1977: 86); Reckert & Macedo (1980: 74); Beltrán (1987: 72); Ferreira (1988: 75); Alvar & Beltrán (1989: 320-321); Sansone (1990: 258); Jensen (1992: 196); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 147); Diogo (1998: 232-233); Magalhães (2007: 105); Alvar & Talens (2009: 550); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 34).

Variantes manuscritas


2 min] mi V   5 grandes] grandas B   6 sobejas] soberas V   7 no] nō V (co til riscado); meu] cheu V   7-8 amigo / soia] amigo (soia) / Soia B   9 grandes] grãdes B; desiguaes] designaaes B : deflegraaes V   10 non] io V; ataes] ataaes B : araaes V   11 no] nō V; meu] cheu V

Variantes editoriais


En Nunes e en Reali os vv. 1-2 de cada estrofa divídense en versos heptasilábicos graves.

2 min] mi Nunes   4 falar] faltar Reali   6 quisera eu outra vegada] quisera-m’outra vegada Nunes, Cohen, Littera   9 desiguaes] desiguaaes Nunes   10 ataes] ataaes Nunes

Paráfrase


(I) Estas noites tan longas, que Deus fixo en triste día para min porque as non durmo, por que as non facía no tempo en que meu amigo soía falar comigo?
(II) Porque as fixo Deus tan grandes, non podo durmir eu, coitada, e así tan enormes como son, quixéraas eu noutro momento, no tempo en que meu amigo soía falar comigo?
(III) Porque as fixo Deus tan grandes, desiguais sen medida, e eu non as podo durmir, por que non as fixo tales no tempo en que meu amigo soía falar comigo?

Métrica


Esquema métrico: 3 x 15’a 15’a 7’B 7’B (= Tav 37:17)

Encontros vocálicos: 2 dor·mi͜o; 4 so·i·a; 5 posso‿eu; 6 quisera‿eu; 8 so·i·a; 12 so·i·a

Notas


Texto
  • *

    A disposición métrica da cantiga (copiada en versos curtos) está realmente xa indicada por Colocci, mediante a apostila 16 syll, que colocou á esquerda do texto em B (véxanse as cantigas UC 1188, 1196, tamén de Bolseiro).

  • 1

    A referencia ás noites longas sen o amigo, que Juião Bolseiro presenta en diversas cantigas, é un motivo que aparece noutras líricas posteriores. Cfr. Estas noches atán largas / para mí / no solían ser ansí nun villancico de poemas casteláns do XV (Cancionero musical de Palacio, nº 410, ID2008, MP4g-512).

  • 6

    Obsérvese como a emenda de Nunes, coa expunción de eu e a introdución de me, é recollida nas edicións posteriores (Cohen, Littera).

  • 9-10

    Os apógrafos italianos presentan as leccións iguaaes (v. 9) e ataaes (v. 10), con duplicación vocálica antietimolóxica de carácter gráfico, igual que <tragaaes> e <mesteiraaes> en 1339.8-9, e dun modo similar ao que acontece con voces coa terminación -ao (<maao> mao etc.) en certas pasaxes, a e semellanza do que se verifica, neste caso de modo esporádico, con voces coa terminación -ão. Cfr. nota a 115.30 e 485.20.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado