I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 367 [= LPGP 577-578]); Reali (1964: 50); Cohen (2003: 411); Littera (2016: II, 39-40).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 269); Braga (1878: 147); Machado & Machado (1956: V, 273).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 61-62); Bernárdez (1952: 108); Varela Jácome (1953: 20-21); Nunes (1959: 287-288); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 50-61); Spina (1972: 351); Álvarez Blázquez (1975: 202); Torres (1977: 86); Reckert & Macedo (1980: 74); Beltrán (1987: 72); Ferreira (1988: 75); Alvar & Beltrán (1989: 320-321); Sansone (1990: 258); Jensen (1992: 196); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 147); Diogo (1998: 232-233); Magalhães (2007: 105); Alvar & Talens (2009: 550); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 34).
2 min] mi V 5 grandes] grandas B 6 sobejas] soberas V 7 no] nō V (co til riscado); meu] cheu V 7-8 amigo / soia] amigo (soia) / Soia B 9 grandes] grãdes B; desiguaes] designaaes B : deflegraaes V 10 non] io V; ataes] ataaes B : araaes V 11 no] nō V; meu] cheu V
En Nunes e en Reali os vv. 1-2 de cada estrofa divídense en versos heptasilábicos graves.
2 min] mi Nunes 4 falar] faltar Reali 6 quisera eu outra vegada] quisera-m’outra vegada Nunes, Cohen, Littera 9 desiguaes] desiguaaes Nunes 10 ataes] ataaes Nunes
(I) Estas noites tan longas, que Deus fixo en triste día para min porque as non durmo, por que as non facía no tempo en que meu amigo soía falar comigo?
(II) Porque as fixo Deus tan grandes, non podo durmir eu, coitada, e así tan enormes como son, quixéraas eu noutro momento, no tempo en que meu amigo soía falar comigo?
(III) Porque as fixo Deus tan grandes, desiguais sen medida, e eu non as podo durmir, por que non as fixo tales no tempo en que meu amigo soía falar comigo?
Esquema métrico: 3 x 15’a 15’a 7’B 7’B (= Tav 37:17)
Encontros vocálicos: 2 dor·mi͜o; 4 so·i·a; 5 posso‿eu; 6 quisera‿eu; 8 so·i·a; 12 so·i·a
A referencia ás noites longas sen o amigo, que Juião Bolseiro presenta en diversas cantigas, é un motivo que aparece noutras líricas posteriores. Cfr. Estas noches atán largas / para mí / no solían ser ansí nun villancico de poemas casteláns do XV (Cancionero musical de Palacio, nº 410, ID2008, MP4g-512).
Obsérvese como a emenda de Nunes, coa expunción de eu e a introdución de me, é recollida nas edicións posteriores (Cohen, Littera).
Os apógrafos italianos presentan as leccións iguaaes (v. 9) e ataaes (v. 10), con duplicación vocálica antietimolóxica de carácter gráfico, igual que <tragaaes> e <mesteiraaes> en 1339.8-9, e dun modo similar ao que acontece con voces coa terminación -ao (<maao> mao etc.) en certas pasaxes, a e semellanza do que se verifica, neste caso de modo esporádico, con voces coa terminación -ão. Cfr. nota a 115.30 e 485.20.