I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 513); Macchi (1966: 19 [= LPGP 905]); Littera (2016: II, 463).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 264); Braga (1878: 144); Machado & Machado (1956: V, 252).
1 Mui] M mui B; temp’á] tenp̄ a V 2 tan] fra V 3 meus] Meu B; perdon] pardon B 5 morrer] Moirer B 6 avia] ama BV
1 servo] serv(o) Nunes 3 perdon] pardon Macchi 4 quisera] quiser(a) Nunes 7 quer] que[rer] Nunes; quera] que[i]ra Nunes, Macchi, Littera
(I) Moito tempo hai que sirvo unha señora e eu sentía con iso unha satisfacción tan grande, meus amigos, así Deus me perdoe, que eu quixera antes morrer ou vivir en poder de Amor, na miña opinión; porque cando máis a estaba servindo, (vai e) non quere que a vexa nin a ame.
Esquema métrico: 10a 10b 10c 10a 10d 10c 10d (= RM 214:1).
Encontros vocálicos: 1 servo‿ũ·a; 4 quisera‿en
É probábel que esta cantiga estea incompleta. Con todo, percíbese claramente o ton irónico.
A P1 do presente de indicativo (e o presente de subxuntivo) de servir presenta iode na desinencia (sĕrviō > sérvio; sĕrvĭam > sérvia etc.) nun primeiro momento evolutivo, que posteriormente desapareceu (servo; serva etc.) para, finalmente, seren formas semirregularizadas en sirvo, sirva etc. solidariamente con outros verbos similares da terceira conxugación (dormir, mentir, sentir etc.) (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §192a). Neste verso achamos un testemuño de servo, que se suma aos presentes en 36.14, 374.14, 849.13 e 1543.7, formas aínda moi minoritarias fronte ás xerais sérvio e sérvia. Cfr. nota a 1109.14.
É necesario emendar a lección <pardon> de B, aparente variante de influencia francesa, lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (neste verso, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).
Nótese o erro <m>/<ui> de BV (<ama> avia) que se rexistra en diversas pasaxes dos apógrafos italianos. Veáse nota a 1161.15.
A diferenza de Nunes, Macchi e Littera, mantemos quera a partir da unánime lección dos manuscritos por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: