1107 [= Tav 64,29]
U vos non vejo, senhor, sol poder

U vos non vejo, senhor, sol poder
non ei de min nen me sei conselhar
nen ei sabor de mí, erg’en cuidar
en como vos poderia veer,
e, pois vos vejo, maior coita ei
que ant’avia, senhor, porque m’ei
end’a partir; e quen viu nunca tal
coita sofrer qual eu sofro, ca sén
perç’e dormir? E tod’esto mi aven
por vos veer, senhor, e non por al,
e, pois vos vejo, maior coita ei
[que ant’avia, senhor, porque m’ei]
end’a partir; e por én sei que non
perderei coita mentr’eu vivo for,
ca, u vos eu non vejo, mia senhor,
por vos veer perç’este coraçon,
e, pois vos [vejo, maior coita ei
que ant’avia, senhor, porque m’ei]
end’a partir, mia senhor, e ben sei
que d’ũa destas coitas morrerei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1105, V 696

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 482-483); Zilli (1977: 65 [= LPGP 425-426]); Littera (2016: I, 474).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 245-246); Braga (1878: 133); Machado & Machado (1956: V, 152-153).

Variantes manuscritas


1 vejo] uero V   2 de min nen me sei] demi uen nē sey V   9 perç’e] Parce B   20 morrerei] moirerey B

Variantes editoriais


1 vos] vus Zilli   4 vos] vus Zilli   5 vos] vus Zilli   10  vos] vus Zilli   11 vos] vus Zilli   15 vos] vus Zilli   16 vos] vus Zilli   17 vos] vus Zilli   20 morrerei] morrerrey Nunes

Paráfrase


(I) Cando non vos vexo, señora, non teño uso da razón nin sequera teño capacidade de decisión nin sei que facer nin me sinto a gusto, agás pensando en como vos podería ver, e, despois de vos ver, teño unha coita maior que a que tiña antes, señora, porque teño (II) que deixar de facelo; e quen viu nunca sufrir unha coita tal como a que eu sufro, pois perdo a razón e o sono? E todo isto me ocorre, señora, por vos ver e non por outra cousa, e, despois de vos ver, teño unha coita maior que a que tiña antes, señora, porque teño (III) que deixar de facelo; e por iso sei que non perderei a coita mentres estiver vivo, porque, cando vos non vexo, miña señora, perdo este corazón por vos ver, e, despois de vos ver, teño unha coita maior que a que tiña antes, señora, porque teño (1) que deixar de facelo, miña señora, e ben sei que de unha destas coitas morrerei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:109) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 9 mi‿aven

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 9

    Obsérvese como o erro de copia de B indica un moi probábel desenvolvemento <par> a partir de <ꝑ> en perç(o), en liña co frecuente desenvolvemento en pardon da forma coa mesma abreviatura (<ꝑdon>). Véxase nota a 498.14-15 e 679.2.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado