109 [= Tav 104,9]
Senhor, que coitad’oj’eu no mundo viv’, e quero-vo-l’eu ja dizer!

Senhor, que coitad’oj’eu no mundo viv’, e quero-vo-l’eu ja dizer!
Entenden-me todos mia mort’e mia coita, e non ei poder
de m’encobrir e nen un conselh’i non sei.
Mais est’, ao meu grado,
mui ben sera jurado,
senhor: que nunca vos amei!
E, quando m’a mí rogan muitos que lhis diga por Deus se vos quero ben,
logo lhis eu juro que outra molher amo máis d’outra ren,
ca non vós, senhor, por que eu tant’afan levei.
Mais est’, ao meu grado,
[mui ben sera jurado,
senhor: que nunca vos amei!]
Esses vossos olhos me fazen que non ei eu poder de m’encobrir,
ca, des que os vejo, non poss’eu per ren os meus deles partir,
nen meu coraçon nunca o de vós partirei.
Mais est’, ao meu grado,
[mui ben sera jurado,
senhor: que nunca vos amei!]
Eu perjurar-me posso, mais nunca verdade desto saberan per min;
mais a Deu-lo rogo, que sabi a mia coita, que me valha i,
ca, se me non val, a pran por vós me perderei.
Mais est’, ao meu grado,
[mui ben sera jurado,
senhor: que nunca vos amei!]
U vos eu vi un dia e os vossos olhos ouve de veer sabor,
logo me disseron, porque vos catava, que moiro, senhor,
por vós e que d’outra ren nen sabor non ei.
Mais est’, ao meu grado,
[mui ben sera jurado,
senhor: que nunca vos amei!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manuscritos


B 136

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 768-770 [= LPGP 680-681]); Littera (2016: II, 172-173); González (2018: 167).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 51-52); Machado & Machado (1949: I, 195-196); Rios Milhám (2017: I, 109).
III. Antoloxías: Tavares (1961); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 147-148).

Variantes manuscritas


1 mundo] mūde B   6 vos] uos B   8 logo] loguo B   9 levei] leu’ B   13 encobrir] ētobrir B   19 desto] a desto B

Variantes editoriais


A estrutura da cantiga nas edicións de Michaëlis e Littera é diferente por canto segmentan os vv. 1-2 de cada estrofa.

1 no mundo viv’, e] no mundo vivo Michaëlis : [e]no mundo vivo Littera   2 mort’] mort[e] Littera   3 nen un] nenhun Michaëlis : nẽum Littera   6 vos] vus Michaëlis   7 E] om. Michaëlis; vos] vus Michaëlis   8 máis] [muito] mais Michaëlis : [mui] mais Littera   12 vos] vus Michaëlis   14 poss’] poss[o] Littera   18 vos] vus Michaëlis   19 nunca verdade desto] nunca (verdad’é) / aquesto Michaëlis; min] mi Michaëlis, Littera, González   20 sabi a] sab’a Michaëlis : sab’i a Littera   24 vos] vos Michaëlis   25 vos] vus Michaëlis   26 vos] vus Michaëlis : [eu] vos Littera   30 vos] vos Michaëlis

Paráfrase


(I) Señora, que coitado vivo eu hoxe no mundo, e quérovolo dicir eu xa! Decátanse todos da miña morte e da miña coita, e non o podo ocultar e non sei que facer nesta situación. Mais isto, señora, sempre será xurado voluntariamente por min: que nunca vos amei!

(II) E cando a min me rogan moitos que lles diga por Deus se vos amo, eu logo lles xuro que amo outra muller máis que ningunha outra cousa, e non a vós, señora, por quen eu tanto afán levei. Mais isto, señora, sempre será xurado voluntariamente por min: que nunca vos amei!

(III) Eses vosos ollos fan que eu non teña poder para me ocultar, porque, desde que os vexo, non podo por nada afastar deles os meus ollos, nin o meu corazón nunca de vós o afastarei. Mais isto, señora, sempre será xurado voluntariamente por min: que nunca vos amei!

(IV) Eu podo cometer perxurio, mais nunca por min saberán a verdade disto; mais a Deus, que coñece a miña coita, rogo que me auxilie en tal situación, porque, se non me auxilia, certamente morrerei por vós. Mais isto, señora, sempre será xurado voluntariamente por min: que nunca vos amei!

(V) Cando vos eu vin un día e sentín o pracer de ver os vosos ollos, logo me dixeron, porque vos ollaba, que morro, señora, por vós e que de ningunha outra cousa sinto desexo. Mais isto, señora, sempre será xurado voluntariamente por min: que nunca vos amei!
 

Métrica


Esquema métrico: 19a 17a 12b 6’C 6’C 8B (I, III, V) + 20a 17a 13b 6’C 6’C 8B (II, IV) (cfr. Tav 255:2 e 255:1)

Encontros vocálicos: 15 nunca‿o; 20 sabi‿a; 25 dia‿e

Notas


Texto
  • *

    A partir das rimas, Montero Santalla (2000: 273-274) estabelece para esta composición a estrutura métrica que adoptamos, igual que González na súa edición crítica. Obsérvese, ademais, a alternancia métrica entre as estrofas, coa presenza de unha sílaba máis nos vv. 1 e 3 das estrofas pares.

    As edicións de Michaëlis e Littera realizan unha segmentación dos vv. 1-2 de cada estrofa (vivo, / dizer / coita / poderdiga / ben / amo / reneu / encobrir / ren / partiré / mi / coita / iolhos / sabor / catava / senhor); este feito fai que aparezan dous versos libres, sen rima, en cada estrofa, ao tempo que tal estrutura obriga a leves emendas textuais para tratar de conseguir unha regularidade métrica que o manuscrito non autoriza.

  • 1

    Nótese a intertextualidade entre este verso e o incipit da cantiga 1312, de Fernand’Esquio, tal como foi apuntado por Elsa Gonçalves (2016 [1992]: 226).

  • 20

    A segmentación proposta en Littera (que sab’i a ...) é contraditoria coa grafía <sabha> de B, que solicita [i] átono. Neste sentido, a transcrición inmediata sería unha forma sábia, de presente de subxuntivo. No entanto, o texto solicita unha forma de presente de indicativo, xa estabelecida por González, a seguir a esteira de Michaëlis que editara sab’a mia coita); e así o confirman as repetidas construcións que achamos ao longo do corpus, do tipo Deus, que sabe ... + presente de subxuntivo. Véxanse, entre outros, os seguintes contextos:

            Mais rog’a Deus, que sab’o mal
            que me mia sennor faz sofrer,
            que El me faç’ensandecer (189.22-24).

     

            mais Deus, que sab’a sobeja
            coita que m’ela dá, veja
            como vivo tan coitado (561.7-9).

     

            mais Deus, que sabe ben que ést’assi,
            pois eu morrer, demande-lho por min (944.r).

    Na realidade, a (minoritaria) terminación -i, alén da súa presenza en 294.8 –nunha expresión similar–, pode acharse, sen regularidade, na P1 dos pretéritos fortes, e tamén en algún  substantivo (sangui), nalgúns adverbios (eiri, tardi, longi) e moi raramente nalgunha outra forma verbal allea ao pretérito, como guii ‘guíe’ (1407.15).

    Na produción medieval achamos a forma sabi n’A demanda do Santo Graal (cfr. CGPA): – Ora sabi, disse el, que eu som [S]amaliel, filho de Froila que foi rei de Gauna que rei Artur matou ante Paris.

  • 21

    A locución adverbial a pran (só en 1352.19 e 1618.6) convive coa xeral de pran, que presenta tamén a variante minoritaria de chão (véxase nota a 459.3).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado