1042 [= Tav 63,40]
Morreredes, se vos non fezer ben

Morreredes, se vos non fezer ben,
por mí, amig’, e non sei que vos i
faça, pero muitas vezes cuid’i;
e deste preito vedes que mi aven:
é-mi mui grave de vos ben fazer,
e mui grav’é de vos leixar morrer.
Ren non vos pode de morte guardar
e sei ben que morr[er]edes por mí
se non ouverdes algun ben de min;
e, quant’eu ei en tod’est’a cuidar,
é-mi mui grave de vos ben fazer,
[e mui grav’é de vos leixar morrer].
Se vos non fezer ben, por mí Amor
vos matará, ben sei que sera assi;
mais ben vos jur’e digo-vos assi,
se Deus mi leix’én fazer o melhor:
é-mi mui grave de vos ben fazer,
[e mui grav’é de vos leixar morrer].
E rog’a Deus, que á end’o poder,
que El me leix’end’o melhor fazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1038, V 628

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 287-288); Rodríguez (1980: 244 [= LPGP 390]); Cohen (2003: 572); Littera (2016: I, 461).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 223); Braga (1878: 120); Machado & Machado (1956: V, 38-39); Fernández Pousa (1959: 261).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 101).

Variantes manuscritas


1 Morreredes] Moireredes B   2 mí] min V   3 faça] faca B : faza V   6 morrer] moirer B   7 Ren] Ben BV   8 que morr[er]edes] que moiredes B : q̅m ouedes V   16 jur’e] uire V   19 rog’a Deus] irogad's B

Variantes editoriais


2 mí] min Nunes, Rodríguez, Cohen : mim Littera   6 grav’é] grave Nunes, Rodríguez   7 Ren] Ben Nunes   8 mí] min Nunes   9 min] mi Rodríguez   12 grav’é] grave Nunes, Rodríguez   18 grav’é] grave Nunes, Rodríguez

Paráfrase


(I) Morreredes por min se non vos outorgo o meu ben, amigo, e non sei que podo facer ao respecto, mais penso niso moitas veces; e vede que me acontece con este asunto: para min é moi custoso outorgarvos o meu ben, e moi custoso deixarvos morrer.
(II) Non hai nada que vos poida protexer da morte e ben sei que morreredes por min se non obtiverdes algunha recompensa pola miña parte; e no que eu teño a considerar a este respecto, para min é moi custoso outorgarvos o meu ben, e moi custoso deixarvos morrer.
(III) Se non vos concedo o meu ben, Amor mataravos por min, sei ben que así será; mais xúrovos e dígovos así, se Deus me permite nisto facer o mellor: para min é moi custoso outorgarvos o meu ben, e moi custoso deixarvos morrer.
(1) E rogo a Deus, que ten o poder para iso, que El me deixe nisto facer o mellor.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:85) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 4 mi‿ aven; 14 sera‿ assi

Notas


Texto
  • *

    Os vv. 2-3 de todas as estrofas presentan a mesma palabra rimante: I i; II mi(n); III assi.

  • 6

    Segmentamos a forma verbal é en grav’é para marcar a construción quiasmática no refrán e, asemade, marcar o acento métrico na 4ª sílaba: é-mi mui grave de vos ben fazer, / e mui grav’é de vos leixar morrer.

  • 7

    O erro inverso ao que se detecta no inicio do verso (Ren <Ben> BV) pode verse nos dous cancioneiros apógrafos: ben <bē> B, <rem> V (625.13); ben <bem> B, <rem> V (863.4); ben <Ren> B, <ben> V (1042.4).

  • 8-9

    A repetición da palabra rimante nos vv. 3-4 de cada estrofa levou á nivelación en min (Nunes) e en mi (Rodríguez) nestes versos.

  • 16

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2, 221.2, 224.1, 277.23, 315.2, 511.14, 526.6 559.2, 573.12, 703.1, 720.1, 733.15, 845.11, 940.10, 1140.10, 1284.18). Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado