[last revised: 20/08/2021]Print

669 [= Tav 74,2]
Id’, ai mia madre, vee-lo meu amigo

Id’, ai mia madre, vee-lo meu amigo,
que é coitado porque non fala migo,
e irei eu convosco se vós quiserdes.
Tan coitado que morrerá se me non vir,
id’, ai mia madre, vee-lo po-lo guarir,
e irei eu convosco [se vós quiserdes].
Porque morr’e me quer gran ben de coraçon,
ide vee-lo, mia madr’, e guarra enton,
e irei [eu convosco se vós quiserdes].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscripts


B 654, V 255

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 81-82); Tavani (1988a: 252 [= LPGP 483]); Cohen (2003: 139); Littera (2016: I, 568).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 96); Braga (1878: 50); Machado & Machado (1952: III, 320).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 30-31); Nunes (1959: 288-289); Pena (1990: 140)

Manuscript variants


3 e irei eu convosco] euey eu con uo seo V   4 morrerá] moirera B   5 po-lo] poylo BV   7 morr’e] de morte BV   8 guarra] guaira B

Editorial variants


4 coitado] coitad’é Cohen, Littera   7 morr’e] de morte Nunes : el morr’e Cohen; ben] |gran| ben Cohen   8 madr’, e] madre: Tavani

Paraphrase


(I) Ide, ai miña nai, ver o meu amigo, que está moi apenado porque non fala comigo, e irei eu convosco se vós quixerdes.

(II) Tan coitado que morrerá se non me vir, ide velo, ai miña nai, para salvalo, e irei eu convosco se vós quixerdes.

(III) Porque morre e me ama de corazón, ídeo ver, miña nai, e sobrevivirá entón, e irei eu convosco se vós quixerdes.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 11’a 11’a 11’B (I [= Tav 26:53]) + 12a 12a 11’B (II-III [= Tav 26:39])

Notes


Text
  • 4

    A emenda de Rip Cohen (e Littera), baseada na frecuente confusión das grafias <o>/<e>, semella desnecesaria, pois pode considerarse elíptico o verbo ser, que aparece explícito dous versos antes.

  • 5

    O erro da lección ofrecida polos manuscritos (<poylo>), corrixida unanimemente por todos os editores, é obvio, pois o sentido non permite ningunha outra opción editorial.

  • 7

    Fronte ao mecánico conservadorismo de Nunes, que deixa o verso sen sentido, a solución editorial de Tavani, coa omisión de <de> e a emenda <t>/<r>, semella a máis económica a partir de lección deturpada de BV, de modo que semántica e metricamente o verso fica correcto. Tamén plausíbel é a versión de Cohen, que emenda tamén <de> para el e omite gran para nivelar metricamente o verso.

  • 8

    Como acontece con frecuencia por volta da segmentación, e nomeadamente da deglutinación da conxunción copulativa e, a solución tavaniana tamén é posíbel.

Search
    No results