1144 [= Tav 22,8]
Filha fremosa, vedes que vos digo

Filha fremosa, vedes que vos digo:
que non faledes ao voss’amigo
sen mí, ai filha fremosa!
E, se vós, filha, meu amor queredes,
rogo-vos eu que nunca lhi faledes
sen mí, ai [filha fremosa!]
E al á i de que vos non guardades:
perdedes i de quanto lhi falades
sen mí, [ai filha fremosa!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 1141bis, V 733

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 332); Indini (1978: 173 [= LPGP 166]); Cohen (2003: 368); Littera (2016: I, 159).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 256); Braga (1878: 139); Machado & Machado (1956: V, 209); Berardinelli (1985: 20); Camargo et alii (1992: 52).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 15); López-Aydillo (1914: 38); Fernández Pousa (1951: 20); Torres (1977: 98).

Variantes manuscritas


2 faledes ao] falades do V   5 faledes] falades B   7 guardades] guardedes B   8 falades] nō falades BV

Variantes editoriales


1 vos] vus Indini   7 vos] vós Indini

Paráfrasis


(I) Filla fermosa, vede o que vos digo: que non faledes [de amor] ao voso amigo, sen min, ai filla fermosa!
(II) E se vós, filla, queredes o meu amor, rógovos eu que nunca lle faledes [de amor] sen min, ai filla fermosa!
(III) E niso hai algo máis de que vós non vos gardades: con iso perdedes todo canto lle falades [de amor] sen min, ai filla fermosa!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’a 7’B (= Tav 26:84)

Notas


Texto
  • 8

    A semántica e a métrica indican que debe eliminarse o adverbio non (*perdedes i de quanto lhi non falades), elemento que por veces entra de forma adventicia nos textos, tal como confirma a hermenéutica destes e a lección manuscrita:  A vs. B (198.r1, na estrofa I), B vs. V (808.10); outras veces, a pesar da coincidencia dos manuscritos BV, é obvio que non debe ser expunxido: 183.11, 801.13, 1229.18, 1261.15, 1492.9, 1495.15

Buscar
    Sin resultados