619 [= Tav 25,38]
Falou-m’oj’o meu amigo

Falou-m’oj’o meu amigo
mui ben e muit’omildoso
no meu parecer fremoso,
amiga, que eu ei migo;
mais pero tanto vos digo:
que lhi non tornei recado
ond’el ficasse pagado.
Disse-m’el, amiga, quanto
m’eu melhor ca el sabia:
que, de quan ben parecia,
que tod’era seu quebranto;
mais pero sabede tanto:
que lhi non tornei recado
[ond’el ficasse pagado].
Disse-m’el: «Senhor, creede
que a vossa fremosura
mi faz gran mal sen mesura,
por én de min vos doede»;
pero, amiga, sabede:
que [lhi non tornei recado
ond’el ficasse pagado].
E foi-s’end’el tan coitado
que tom’end’eu ja coidado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscritos


B 602, V 205

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 98-99 [= LPGP 194]); Nunes (1973 [1928]: 52-53); Cohen (2003: 639); Littera (2016: I, 241); Fassanellib (2020: 154); Fassanellib (2021: 76).
II. Outras edicións: Moura (1847: 192-194); Monaci (1875: 80); Braga (1878: 41); Machado & Machado (1952: III, 238-239); Júdice (1997: 56); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 195-196); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 47).

Variantes manuscritas


4 ei] om. V   9 sabia] sabaia V   10 parecia] parezia V   11 que tod’era] q̄ro dera V   16 fremosura] fremusura V   17 gran] g̃ra B   18 min] mi V   22 end’] and B

Variantes editoriais


18 min] mi Lang, Nunes, Littera   23 coidado] cuidado LangFassanellia, Fassanellib 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’a 7’C 7’C + 7’c 7’c (= Tav 139:24)

Notas


Texto
  • 2

    Omildoso era a forma xeral medieval para o adxectivo humilde, que é de introdución moi serodia.

  • 5

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

  • 10-11

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética: sabia: / que, de quan ben parecia, / que tod’era seu quebranto. Véxase nota a 53.17-18.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado