406 [= RM 81,7]
Estes que ora dizen, mia sennor

Estes que ora dizen, mia sennor,
que saben ca vos quer’eu mui gran ben,
pois én nunca per mí souberon ren,
querri’agora seer sabedor
per quen o poderon eles saber,
pois mi-o vós nunca quisestes creer,
ca, mia sennor, sempre o eu neguei
quant’eu máis pude, assi Deus me perdon,
e dizen ora quantos aqui son
que o saben; mais como saberei
per quen o poderon eles saber,
[pois mi-o vós nunca quisestes creer?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscripts


A 245, B 433, V 45

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 477 [= LPGP 553]); Fregonese (2007: 147); Littera (2016: II, 12-13).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 23-24); Braga (1878: 9); Carter (2007 [1941]: 141-142); Machado & Machado (1950: II, 257-258); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 406).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 157); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 123).

Manuscript variants


1 Estes] Este\s/ V   2 vos] uus A   3 nunca] uunca B; per mí] per mj̄ B : per mī V   4 querri’agora] querri(a) / agora A : queria gora B : queri agora V   5 per] er {refram ff} A   8 pude, assi] pudassy BV; me] mj B : mi V   10 o] om. B : e V   11 poderon] ꝑodōm B : ꝑođom V

Editorial variants


2 vos] vus Michaëlis   3 mí] mim Fregonese   4 querri’agora] querria agora Fregonese   8 pude] pud(e) Michaëlis : pud’ Fregonese, Littera; me] mi Fregonese   12 vós] vos Littera

Paraphrase


(I) Destes que agora din, miña señora, que saben que vos amo eu moito, pois diso nunca nada souberon por min, quería agora saber por quen o puideron eles saber, pois vós nunca mo quixestes crer, (II) porque, miña señora, sempre eu o ocultei canto máis puiden, así Deus me perdoe, e din agora cantos aquí están que o saben; mais como saberei por quen o puideron eles saber, pois vós nunca mo quixestes crer?

Metrics


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:149)

Encontros vocálicos: 6 mi-‿o; 8 pude,assi; 12 mi-‿o

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición (non considerado en ningunha das edicións precedentes), con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca, véxase nota á cantiga 15.

  • 1-4

    Como acontece moitas veces no inicio das cantigas, existe unha concordancia ad sensum (‘Destes ... querería agora...’).

Search
    No results