913 [= Tav 143,5]
Esta senhor que ora filhei

Esta senhor que ora filhei
grave dia, vedes que faz
porque lh’é grav’ou lhi non praz
do que con ela comecei:
assanha-s’ora contra mí,
e pero faz seu prazer i.
E ben pode saber que non
meresco eu desta sanha ren,
ergo se lhi quero gran ben,
e, pero non á i razon,
assanha-s’ora contra min,
[e pero faz seu prazer i].
Ben vos digo que ante m’eu
queria ja siquer matar
ca lhi fazer nen un pesar;
mais ela ben assi de seu
assanha-s’ora contra min,
[e pero faz seu prazer i].
E, poi-lo quer fazer assi,
non sei eu que seja de min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


B 911, V 498

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 332-333 [= LPGP 895-896]); Arias Freixedo (2010: XV); Littera (2016: II, 446-447).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 182); Braga (1878: 95); Machado & Machado (1953: IV, 265).

Variantes manuscrites


3 lh’é] lhs B : lha V; ou] on V; lhi] lha B   6 pero] po B   8 meresco] Mēsco B; sanha] ssenha B

Variantes éditoriales


1 que] qu(e) Nunes   3 lh’é grav’] lh’agrav’ Nunes   4 do] de Nunes   10 e, pero] e pero Littera   11 min] mi Nunes, Littera   15 nen un] nẽum Littera   17 min] mi Nunes, Littera   20 min] mi Nunes, Littera

Paraphrase


(I) Esta señora que agora tomei (por namorada) –en mal día o fixen–, vede o que fai porque lle pesa ou non lle agrada a relación que con ela comecei: asáñase agora contra min e aínda sente pracer con iso.

(II) E ben pode saber que eu non merezo nada esta saña, agás porque a amo, e, aínda que non hai razón para iso, asáñase agora contra min e aínda sente pracer con iso.

(III) Ben vos digo que eu me querería matar antes que lle causar ningún pesar, mais ela, por vontade súa, asáñase agora contra min e aínda sente pracer con iso.

(1) E, xa que o quere facer así, non sei eu o que será de min.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:376) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 1 *que‿ora; 8 meresco‿eu

Notes


Texte
  • 1

    A problemática sinalefa con que indica a posíbel existencia de corrupción textual no íncipit da cantiga, talvez coa substitución do artigo polo demostrativo: *A senhor que ora filhei (véxase un caso similar en 385.1). A proposta de Montero Santalla é Esta senhor que [eu] filhei (2000: 508), talvez a pensar no erro <ora>/<eu> de BV en 393.3.

  • 3

    A proposta textual de Nunes neste verso co verbo agravar é produto dun erro de interpretación.

  • 5

    Nótese a variación mí ~ min no refrán (I ; II-III min), en liña coa alternancia das dúas formas na lingua trobadoresca e mais na lingua medieval en xeral. Cfr. nota a 27.4.

  • 6

    A locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus, é relativamente frecuente, por máis que en bastantes ocasións sexa posíbel conceder independencia sintáctica a cada un dos elementos da locución. Con todo, véxase o v. 10, onde a sintaxe aconsella isolar os dous elementos (e, pero), embora Littera non o considere necesario.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé