399 [= Tav 70,20 (= 157,21)]
Esso mui pouco que oj’eu falei

Esso mui pouco que oj’eu falei
con mia sennor gradeci-o a Deus,
e gran prazer viron os ollos meus;
mais do que dixe gran pavor per-ei,
ca me tremi’assi o coraçon
que non sei se [me] llo dixe, se non,
tan gran sabor ouv’eu de lle dizer
a mui gran coita que sofr’e sofri
por ela! Mais tan mal dia naci
se llo oj’eu ben non fiz entender,
ca me tremi’assi o coraçon
[que non sei se me llo dixe, se non],
ca nunca eu falei con mia sennor
senon mui pouc’oj’, e direi-vos al:
non sei se me llo dixe ben, se mal;
mais do que dixe estou a gran pavor,
ca me trem[i]’assi o coraçon
[que non sei se me llo dixe, se non].
E a quen muito trem’o coraçon
nunca ben pod’acabar sa razon.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 239

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 464-465); Nobiling (2007 [1907]: 81 [= LPGP 447-448]); Littera (2016: I, 517-518).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 139); Domingues (1992: 35); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 399).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 18-19); Gonçalves & Ramos (1983: 154); Ferreira (1988: 53-54); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 98); Arias Freixedo (2003: 475-476).

Variantes manuscritas


14 vos] uos A

Variantes editoriais


5 tremi’assi] tremia ‘ssi Michaëlis   6 [me]] om. Michaëlis, Nobiling, Littera; se] [ou] se Michaëlis, Nobiling, Littera   11 tremi’assi] tremia ‘ssi Michaëlis   12 me] om. Michaëlis, Nobiling, Littera; se] ou se Michaëlis, Nobiling, Littera   14 vos] vus Michaëlis   16 dixe] dix(e) Michaëlis : dix’ Nobiling   17 tremi’assi] tremia ‘ssi Michaëlis   18 me] om. Michaëlis, Nobiling, Littera; se] ou se Michaëlis, Nobiling, Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:113)

Encontros vocálicos: 16 dixe‿estou

Notas


Texto
  • *

    Todos os editores conceden autonomía sintáctica ás tres estrofas, en vez de as presentaren ligadas. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15.

  • 5

    A expresión tremer o coraçon é exclusiva de Guilhade.

  • 6

    A hipometría do segundo verso do refrán foi resolvida tradicionalmente (Michaëlis ou Nobiling, até as edicións posteriores) reintegrando a conxunción ou (que non sei se llo dixe, [ou] se non), aínda que tamén podería considerarse a ausencia do pronome eu (que non sei [eu] se...., que [eu] non sei se...). Mais o ritmo do verso (sempre acento na 4ª) e o testemuño do v. 15 (non sei se me llo dixe ben, se mal) aconsellan recuperar a forma pronominal me de interese.

  • 19-20

    Nótese a rara construción sintáctica da fiinda, co suxeito (v. 19) introducido, aparentemente, pola preposición a. Na realidade, constitúe un caso de concordancia ad sensum, co verbo aviir (ou acontecer) elíptico: «E a quen muito trem’o coraçon [aven que] nunca ben pod’acabar sa razon».

Buscar
    Non se atopou ningún resultado