I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 399-400 [= LPGP 471]); Littera (2016: I, 551).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 130); Carter (2007 [1941]: 120-121); Machado & Machado (1950: II, 124-125); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 316).
1 viv’e sei] ui essey A 4 vos] uus A 6 per] om. B 7 morrer] moirer B 8 me] mj B; ben sei] me sei B 10 m’á] mha B 11 atendo] atendeu B; o] om. B 12 eu ja por] por eu ia pᵉ B 13 me] mj B 14 morrer] moirer B 18 vos] uus A 19 m’en coita ten] meu coyta ren B 20 me] mj B 21 om. B 22 per] pᵉ B 23 mí de morrer] mj̄ de moirer B
1 oj’eu] oge Michaëlis : hoje Littera 4 vos] vus Michaëlis 6 per] por Littera 13 dé] dê Michaëlis, Littera 18 vos] vus Michaëlis
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b + 10a 10b (= Tav 163:4)
Encontros vocálicos: 16 mi-‿o
Aínda que en Michaëlis e Littera non é considerado, o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición parece indubitábel, con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca. Véxase nota á cantiga 15.
A partícula se non pode ser conxunción condicional introducindo un tempo futuro (tal como se desprende da edición michaëliana), razón pola cal a interpretación máis factíbel é considerala como adverbio modal (‘así’) a formar parte dunha frase exclamativa de carácter parentético.
Aínda que os manuscritos subministran a lección <faz en>, con deglutinación dos dous elementos, o texto da cantiga solicita a forma verbal plural fazen, cuxo suxeito será Deus e a sennor (v. 16). Unha alternativa editorial do tipo faz én, considerando que o suxeito é unicamente sennor, resulta máis forzada.