(I) En que afán vivo eu hoxe, e sei que, mentres viva neste mundo, sempre hei ter afán e coita! Vede por que, por isto que vos direi: por unha dona que eu amo tanto que perdín a razón e por quen moi cedo hei morrer, (II) porque me dá coita, pois con certeza ben sei que non podo así sobrevivir moito, pois ela xa non me ha de facer ben, nin o espero nin o terei nin rogo a Deus eu xa por outra cousa agás por que me dea morte por iso –a ver se así perderei a coita unha vez que morra!–, (III) pois isto seino ben por outra cousa, xa que mo fan saber Deus e a miña señora, que me fan sufrir tal coita cal vos eu digo, porque esta coita, que coitado me ten, non poderei perder por nada se a miña morte non me vén cedo, e por iso querería morrer, (1) porque, por canto sei da miña vida, o mellor para min é morrer.