1164 [= Tav 83,4]
En Lixboa, sobre-lo mar

En Lixboa, sobre-lo mar,
barcas novas mandei lavrar,
ai mia senhor velida!
En Lixboa, sobre-lo ler,
barcas novas mandei fazer,
ai mia senhor [velida!]
[B]arcas novas mandei lavrar
e no mar as mandei deitar,
ai mia [senhor velida!]
[B]arcas novas mandei fazer
e no mar as mandei meter,
ai mia [senhor velida!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1151a-1152a, V 754

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 349); Cunha (1999 [1949]: 235 [= LPGP 572]); Littera (2016: II, 26).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 262); Braga (1878: 143); Bell (1920: 60); Machado & Machado (1956: V, 240-241); Alvar (1969: 54-55).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 35-36); De la Iglesia (1886: II, 99); Tavares (1943 [1923]: 58); Cidade (1941: 6-7); Seoane (1941: 86); Nemésio (1961 [1949]: 138); Nunes (1959: 362); Tavares (1961: 55); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 101); Álvarez Blázquez (1975: 226); Torres (1977: 545); Beltrán (1987: 62); Dobarro Paz et alii (1987: 22); Alvar & Beltrán (1989: 344); Pena (1990: 57); Jensen (1992: 176); Alonso Girgado (1992: 51); Pena (1993: 124); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 124); Diogo (1998: 246-247); Arias Freixedo (2003: 564); Alvar & Talens (2009: 566); Fidalgo (2009: 58).

Variantes manuscritas


2 lavrar] <  +  > B : loãr V   3 velida] veelida B : ueelida V   4 ler] lez BV   5 barcas] Barquas B : barq̅s V   7 [B]arcas] arq̄s B : arq̄s̄ V; lavrar] lanr̃ B : laūr V   8 e] & B : et V; deitar] (fazer) deytar B   10 [B]arcas] arcas B : arq̃s V   11 e] & B : et V

Variantes editoriais


4 ler] lez Cunha, Littera

Paráfrase


(I) En Lisboa, na ribeira do mar, barcas novas mandei construír, ai miña señora fermosa!
(II) En Lisboa, na ribeira do río, barcas novas mandei facer, ai miña señora fermosa!
(III) Barcas novas mandei construír e no mar as mandei botar, ai miña señora fermosa!
(IV) Barcas novas mandei facer e no mar as mandei meter, ai miña señora fermosa!

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8a 6’B (= Tav 26:107)

Notas


Texto
  • *

    Nótese o carácter híbrido desta composición, que presenta unha voz poética masculina e vai dirixida á senhor, marcas propias das cantigas de amor, combinadas con elementos propios das cantigas de amigo de estilo popularizante tales como o modelo estrófico, o uso do paralelismo con leixa-pren, o adxectivo velida, a ambientación naturalista etc.
    Esta cantiga forma parte dunha serie de cantigas maioritariamente de amigo e de estilo popularizante, que Joan Zorro compuxo para celebrar, e probabelmente tamén con finalidade propagandística, un acontecemento importante como sería o da construción e botadura dunha armada real (cfr. en especial as cantigas 1165, 1168, 1169).

  • 1

    A grafía <x> en Lixboa semella influxo da frecuente forma gráfica latina Ulixipona (véxase Larson 2019 [2018]: 38, n. 11). 
    O encontro da preposición latina super co artigo, sŭper+ĭllum, produciu un resultado con asimilación da secuencia [ɾ-l] que desembocou en sobe-lo, forma moi frecuente nas Cantigas de Santa Maria, fronte a unha única ocorrencia no corpus profano (723.1). No entanto, a forma sobre-lo(s)/a(s), con refacción por influencia de sobre ten máis rexistros nas cantigas trobadorescas (véxase tamén 1035.20, 1096.24, 1433.2, 1631.10, 1636.17, 1676.12), en liña coa súa alta frecuencia nos textos medievais1 .

  • 4

    Igual que acontece na cantiga 660, de Nuno Fernandez Torneol, a forma <lez> dos manuscritos debe ser emendada en prol de ler (‘ría, mar’), conforme a estrutura rimática da cantiga e o paralelismo sinonímico, pola probábel existencia, na altura cronolóxica das cantigas, desta voz de procedencia céltica (véxase Tavani 1988c). Porén, debe tamén ponderarse o principio, explicitado por Cunha, de “não substituir uma dificuldade por outra”, razón por que o editor brasileiro mantén lez, embora non sexa convincente a súa tentativa de relacionar esta voz con lezer ou con lezíria (véxase Glossário, s.v. lez).

    O erro <r>/<z> pode acharse ao longo dos cancioneiros italianos en bastantes ocasións en posición final e tamén en posición interior. Véxanse algúns exemplos en final de palabra: por <poz> B (335 / 131,1 [B373], v. 10); porque <poz > BV (381 / 9,6 [B413/V24], v. 13); parecer <parecez> B (429 / 136,1 [B448], v. 29); sofredor <ssof’doz> B, desejar <deseiaz> V (624 / 118,8 [B608/V210], vv. 11, 14); morrer <morrez> V (1469 / 66,4 [B1450/V1060], v. 20), comprar <cōpraz> B (1586 / 126,10 [B1576], v. 17) etc. Cfr. nota a 732.10.

  1. ^

    O mesmo proceso que levou a sobre-lo pode verse en entre-lo(s)/a(s), a partir de ĭnter+ ĭllum, aínda que non se rexistra o resultado *ente-lo(s)/a(s). Véxase CGPA, s.v. entrelo/a(s), entrello/a(s).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado