17 [= Tav 111,2]
Ei eu tan gran medo de mia senhor

Ei eu tan gran medo de mia senhor
que nunca lh’ouso nulha ren dizer,
e veed’ora de qual ei pavor:
de quen non sabe matar nen prender,
nen deostar nen bravo responder,
nen catar [...]
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 43

Sobre a colocación deste texto no manuscrito, véxase a cantiga anterior.

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 655 [= LPGP 703]); Miranda (2004: 163); Cohen (2010b: 24); Marcenaro (2012a: 94); Littera (2016: II, 208).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 13); Cotarelo Valledor (1933: 25); Machado & Machado (1949: I, 57); Rios Milhám (2017: I, 17).

Variantes editoriais


5 deostar] dẽostar Michaëlis, Cohen

Paráfrase


(I) Eu teño tanto medo da miña señora que nunca me atrevo a lle dicir nada, e vede agora de quen sinto pavor: de quen non sabe matar nin prender, nin ofender nin con xenreira responder nin ollar [...]

Métrica


Cantiga de amor (fragmento). Os versos conservados completos son decasílabos agudos.
Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10b [...]

Notas


Texto
  • *

    Cantiga manifestamente incompleta, como parece indicar a cruz colocciana que acompaña a súa copia no manuscrito, e que pode aludir a un problema que afectaba o exemplar que se seguía ou a unha deficiencia que se verificou no momento de realizarse a transcrición do poema.

Procurar
    Não foram encontrados resultados