I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 552-553 [= LPGP 980]); Fernández Graña (2007: 451); Littera (2016: II, 573-574).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 280); Machado & Machado (1960: VII, 62); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 445).
6 vin] ūi A 18 Santaren] sc̄aren A
En Michaëlis o v. 5 de cada estrofa forma parte do refrán (seguindo as indicacións de A).
14 cuita] coita Littera 19 [u] ela é, e o seu ben] E [a] ela e o seu ben Michaëlis : A ela e ao seu bem Littera
Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8a 8B + 8b 8b (= Tav 13:55)
O adverbio u é a forma esperada para suprir o espazo deixado polo copista de A para a letra capital da fiinda, tal como Fernández Graña propuxo na súa edición; neste sentido, as emendas de Michaëlis e de Littera son moito máis complexas e interventivas, probabelmente derivadas da preferencia pola independencia sintáctica da fiinda.