[last revised: 02/06/2022]Print

937 [= Tav 113,1]
Amiga, o voss’amigo

Amiga, o voss’amigo
soub’eu que non mentiria,
pois que o jurad’avia
que veesse, mais vos digo
que á de vós mui gran medo
porque non veo máis cedo.
E rogou-m’el que vos visse
e vos dissesse mandado,
que non era perjurado,
e vedes al que mi disse:
que á de vós mui gran me[do
porque non veo máis cedo].
E rogo-vos, ai amiga,
que bõa ventura ajades,
que muito lho gradescades,
pois m’el roga que vos diga
que á de vós [mui gran medo
porque non veo máis cedo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 934, V 522

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 248-249 [= LPGP 708-709]); Cohen (2003: 335); Littera (2016: II, 211-212).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 189); Braga (1878: 99); Machado & Machado (1953: IV, 300); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 118).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 231-232); Seoane (1941: 91-92); Nunes (1959: 282-283); Landeira Yrago (1975: 110); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 182).

Manuscript variants


2 soub’eu] Souben B : son ben V   7 rogou] irogou B : iro gou V   13 rogo] irogo B   14 bõa] bona B; ventura] uentea V   16 m’el] mes V

Editorial variants


14 ventura ajades] ventur’ajades Nunes

Paraphrase


(I) Amiga, do voso amigo souben que non mentiría, pois xurara que viría, mais dígovos que ten moito medo de vós porque non veu máis axiña
(II) E rogoume el que vos vise e que vos dixese este recado, que non era perxuro, e vedes que outra cousa me dixo: que ten moito medo de vós porque non veu máis axiña.
(III) E rógovos, ai amiga, así teñades boa fortuna, que llo agradezades moito, pois el rógame que vos diga que ten moito medo de vós porque non veu máis axiña.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= Tav 160:458)

Encontros vocálicos: 14 ventura‿ajades

Notes


Text
  • 1-2

    Obsérvese a concordancia ad sensum pola ausencia da preposición de, frecuente no inicio de moitas composicións: Amiga, (d)o voss’amigo / soub’eu que non mentiria.

  • 14

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de V). Así sucede tamén noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

    A frase (que) bõa ventura ajades ten carácter formulario, con diversas atestacións ao longo das cantigas: 139.21, 1141.8, 1558.r1.

Search
    No results