711 [= Tav 72,1]
Ai Deus, u é meu amigo

Ai Deus, u é meu amigo
que non m’envia mandado?
Ca preit’avia comigo,
ergo se fosse coitado
de morte, que se veesse
o máis cedo que podesse.
Quando s’el de mí partia,
chorando, fez-mi tal preito
e disse quand’e qual dia,
ergo se fosse maltreito
de morte, que se ve[esse
o máis cedo que podesse].
E ja o praz’é passado,
que m’el disse que verria
e que mi avia jurado,
sen gran coita toda via
de morte, que se veesse
[o máis cedo que podesse],
e, se eu end’al soubesse,
que nunca lhi ben quisesse.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 696, V 297

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 117 [= LPGP 468-469]); Cohen (2003: 181); Littera (2016: I, 555).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 120-121); Braga (1878: 57); Machado & Machado (1952: III, 374-375).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 123); Nunes (1959: 291); Spina (1972: 348).

Variantes manuscritas


2 m’envia] meu uya V   3 preit’avia] prey ta(n)\u/ya V   14 verria] ueiria B

Variantes editoriales


O corpo da estrofa en Cohen está composto por dous versos longos de 15 sílabas graves (15’a 15’a 7’B 7’B).

10 maltreito] mal treito Nunes, Cohen

Paráfrasis


(I) Ai Deus, onde está o meu amigo que non me envía noticias? Pois acordara comigo que, agás que sufrise coita de morte, que viría o máis cedo que puidese.

(II) Cando el de min se separaba, chorando, fíxome tal promesa e dixo cando e o día que, agás que fose maltreito de morte, que viría o máis cedo que puidese.

(III) E xa pasou o prazo en que el me dixo e me xurou que viría, non sendo por unha gran coita de morte, que viría o máis cedo que puidese (1) e, (que) se eu outra cousa oíse, que nunca máis o amase.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’C 7’C + 7’c 7’c (= Tav 99:74)

Encontros vocálicos: 15 mi‿avia

Notas


Texto
  • 5

    A forma verbal veesse do primeiro verso do refrán mostra a utilización de pretérito de subxuntivo con valor de pospretérito. No corpus das cantigas profanas, existen casos similares: ca me jurou que nunca se ja de mí partisse (345.7); O que jurava que me non visse / por non seer todo quant’el disse, / par Deus, donas, aqui [é ja!] (653.7);Vistes vós, amiga, meu amigo, / que jurava que sempre fezesse / todo por mí quanto lh’eu dissesse? (790.2); ca mi jurou que se non partisse / d’aqui, e foi-se sen meu mandado (790.9); mais sei que, des i, / tanto [so]fresse com’eu sofr’aqui: / ... (859.1); Assanhou-s’o meu amigo / a mí porque non guisei / como falasse comigo (1123.3). De calquera xeito, na literatura coeva rexístranse máis ocorrencias deste uso, por exemplo, na Crónica Troiana: Sabede que, cõmoquer que era moyto ardido, en tal gisa foy desmayado que nõ soubo que fezesse, nẽ soubo de ssy tomar cõsello (Lorenzo 1985: 225); tamén na Crónica Geral d’Espanha de 1344 se pode ver o mesmo uso: E, despois que lhe todo ouve dito, rogoulhe que a conselhasse como fezesse em tal coyta como esta (Cintra 1954: II, 306).

Buscar
    Sin resultados