[last revised: 19/07/2020]Print

304 [= Tav 147,3]
A mia sennor, a que eu sei querer

A mia sennor, a que eu sei querer
mellor ca nunca quis om’a moller,
poi-la tant’amo e mi-o creer non quer,
Nostro Sennor, que á mui gran poder,
me dé seu ben se ll’eu quero mellor
ca nunca quis no mund’om’a sennor.
E, se non é, ca me leixe prender
por ela morte, ca non m’é mester
d’eu viver máis se seu ben non ouver;
mais Deus, que pod’a verdade saber,
me dé seu ben se ll’eu quero me[llor
ca nunca quis no mund’om’a sennor].
Porque lle fez as do mundo vencer
de mui bon prez e do que vos disser
de parecer mui ben u estever,
Deus, que lle fez tan muito ben aver,
me dé seu ben se ll’eu quero mellor
[ca nunca quis no mund’om’a sennor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


A 193, B 344

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 378); Barbieri (1980: 52-53 [= LPGP 910]); Littera (2016: II, 471).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 125-126); Carter (2007 [1941]: 113-114); Machado & Machado (1950: II, 104); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 304).

Manuscript variants


3 tant’] taut’ B   5 me] Mi B   7 om. B; ca me] nome A   11 me] Mi B; se ll’eu quero me[llor]] sella ꝓuguer A   13 lle] lhi B   16 lle] lhi B   17 me] Mi B

Editorial variants


3 amo] am(o) Michaëlis   5 me dé] me dê Michaëlis, Littera : mi dê Barbieri   7 E, se non é, ca me] E se non é, [que] me Barbieri : E se nom, E[le] me Littera   11 me dé] me dê Michaëlis, Littera : mi dê Barbieri   13 lle] lhi Barbieri   14 vos] vus Michaëlis, Barbieri   16 lle] lhi Barbieri   17 me dé] me dê Michaëlis, Littera : mi dê Barbieri

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:221)

Encontros vocálicos: 3 amo‿e mi-‿o

Notes


Text
  • 7

    O seguimento da problemática lección de A para este verso (<[E] senon e nome leixe prender>), significativamente ausente en B, levaría para un texto contraditorio co discurso da cantiga: E, se non é, no’me leixe prender / por ela morte, ...
    É por isto que se fai necesaria unha emenda do texto manuscrito, que efectuamos coa consideración dun erro <no>/<ca>, tendo en conta que a plica existente sobre o <é> no Cancioneiro da Ajuda aconsella consideralo unha sílaba ou palabra independente e interpretalo, por tanto, como a forma verbal é polo sistemático acento na cuarta sílaba. Canto á emenda de <no> en prol de <ca>, semella de máis fácil explicación paleográfica do que a corrección realizada por Barbieri, que vai na mesma dirección: ‘e se non é certo que eu a quero mellor ca nunca quixo home a senhor, que me deixe morrer por ela...’.

  • 11

    A errada lección de A é produto do lapso do copista, arrastrado pola frecuencia da cláusula se lh’aprouguer.

Search
    No results