I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 378); Barbieri (1980: 52-53 [= LPGP 910]); Littera (2016: II, 471).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 125-126); Carter (2007 [1941]: 113-114); Machado & Machado (1950: II, 104); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 304).
3 tant’] taut’ B 5 me] Mi B 7 om. B; ca me] nome A 11 me] Mi B; se ll’eu quero me[llor]] sella ꝓuguer A 13 lle] lhi B 16 lle] lhi B 17 me] Mi B
3 amo] am(o) Michaëlis 5 me dé] me dê Michaëlis, Littera : mi dê Barbieri 7 E, se non é, ca me] E se non é, [que] me Barbieri : E se nom, E[le] me Littera 11 me dé] me dê Michaëlis, Littera : mi dê Barbieri 13 lle] lhi Barbieri 14 vos] vus Michaëlis, Barbieri 16 lle] lhi Barbieri 17 me dé] me dê Michaëlis, Littera : mi dê Barbieri
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:221)
Encontros vocálicos: 3 amo‿e mi-‿o
O seguimento da problemática lección de A para este verso (<[E] senon e nome leixe prender>), significativamente ausente en B, levaría para un texto contraditorio co discurso da cantiga: E, se non é, no’me leixe prender / por ela morte, ...
É por isto que se fai necesaria unha emenda do texto manuscrito, que efectuamos coa consideración dun erro <no>/<ca>, tendo en conta que a plica existente sobre o <é> no Cancioneiro da Ajuda aconsella consideralo unha sílaba ou palabra independente e interpretalo, por tanto, como a forma verbal é polo sistemático acento na cuarta sílaba. Canto á emenda de <no> en prol de <ca>, semella de máis fácil explicación paleográfica do que a corrección realizada por Barbieri, que vai na mesma dirección: ‘e se non é certo que eu a quero mellor ca nunca quixo home a senhor, que me deixe morrer por ela...’.
A errada lección de A é produto do lapso do copista, arrastrado pola frecuencia da cláusula se lh’aprouguer.