581 [= Tav 25,19]
Amiga, sei eu ben d’ũa molher

Amiga, sei eu ben d’ũa molher
que se trabalha de vosco buscar
mal a voss’amigo po-lo matar;
mais tod’aquest’, amiga, ela quer
porque nunca con el pôde poer
que o podesse por amig’aver.
E busca-lhi convosco quanto mal
ela máis pode, aquesto sei eu;
e tod’aquest’ela faz polo seu,
e por este p[re]it[o] e non por al,
porque nunca [con el pôde poer
que o podesse por amig’aver].
Ela trabalha-se, á gran sazon,
de lhi fazer o vosso desamor
aver e á ende mui gran sabor;
e tod’est’, amiga, non é senon
porque [nunca con el pôde poer
que o podesse por amig’aver].
[E] por esto faz ela seu poder,
pera faze-lo convosco perder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 564, V 167

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 73 [= LPGP 180]); Nunes (1973 [1928]: 15); Cohen (2003: 597); Littera (2016: I, 218).
II. Outras edicións: Moura (1847: 134-135); Monaci (1875: 68); Braga (1878: 34); Machado & Machado (1952: III, 181); Cohen (1987: 41); Júdice (1997: 32); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 Amiga] Amigas BV   8 sei eu] seer V   14 lhi] li V

Variantes editoriais


5 poer] põer Cohen, Littera   11 poer] põer Cohen, Littera   17 poer] põer Cohen, Littera   20 pera] para Lang

Paráfrase


(I) Amiga, sei eu ben dunha muller que fai todo o posíbel para pór a mal convosco ao voso amigo, por matalo; mais ela quere todo isto, amiga, porque nunca puido acordar con el de xeito que puidese telo por amigo.

(II) E búscalle contra vós canto mal pode, isto seino eu ben; e todo isto o fai ela polo seu (mal), e por isto e non por outra cousa, porque nunca puido acordar con el de xeito que puidese telo por amigo.

(III) Ela pon todo o empeño, desde hai moito tempo, en facerlle recibir o voso desamor e sente un grande pracer con iso; e todo isto non é, amiga, senón porque nunca puido acordar con el de xeito que puidese telo por amigo.

(1) E por isto ela emprega todo o seu poder, para o pór a mal convosco.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:16)

Notas


Texto
  • 1

    O plural amigas dos manuscritos ben pode proceder dunha deficiente segmentación da eventual lección <Amiga ssey> do antígrafo.

  • 9

    Nótese que polo seu é remite ao v. 7, onde aparece mal: polo seu (mal).

  • 13

    No verso, tal como foi transmitido por BV, hai que considerar unha dialefa ou hiato do pronome se (con á), fronte á tendencia xeral da existencia de sinalefa nas formas pronominais átonas me, lhe etc. Neste sentido, podería considerarse a omisión dunha copulativa inicial que evitase o hiato que continuase a ligazón das anteriores estrofas até a fiinda: [E] ela trabalha-se, á gran sazon.

  • 19

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 633.22, 841.19, 1019.22, 1020.19, 1051.19, 1057.19.

  • 20

    O pronome lo refírese ao amigo.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado