446 [= Tav 154,10]
Sempr’eu punhei de servir mia senhor

Sempr’eu punhei de servir mia senhor
quant’eu máis pud’, assi me venha ben;
pero direi-vo-lo que m’end’aven
e o poder en que me ten Amor:
non me quer ela nen un ben fazer,
e Amor me faz por ela morrer,
ca non catei por al des que a vi
senon por ela, e sempre punhei
de a servir; pero end’al non ei
senon aquest’e aven-m’end’assi:
non mi quer ela [nen un ben fazer,
e Amor me faz por ela morrer].
E sempr’eu cuidei no meu coraçon
de lhi fazer serviç’e me guardar
de ja máis nunca lhi fazer pesar;
pero ven-m’én mal por esta razon:
non me quer ela nen un ben fazer,
[e Amor me faz por ela morrer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 451, V 58

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 46-47); Majorano (1979: 101-102 [= LPGP 969]); Littera (2016: II, 513).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 28); Braga (1878: 12); Molteni (1880: 146); Machado & Machado (1950: II, 289); Rios Milhám (2018b: III, 446).

Variantes manuscritas


3 end’] and B   6 morrer] moirer B : mouer V   9 end’al] e a dal V   11 non] ꞇ jō V   13 coraçon] corazō V   14 fazer] fa'z V; guardar] guadar B   16 ven-m’én mal] nē mē mai V

Variantes editoriais


5 nen un] nẽum Littera   11 mi] me Nunes, Majorano, Littera; nen un] nẽum Littera   17 nen un] nẽum Littera

Paráfrase


(I) Eu sempre me esforcei en servir a miña señora o máis que puiden, así me veña ben; mais direivos o que me acontece por iso e o poder en que me ten Amor: ela non me quere facer ningún ben e Amor faime morrer por ela, (II) porque, desde que a vin, non me interesei por cousa ningunha excepto por ela, e sempre me esforcei en servila; mais diso non teño nada excepto isto, e por iso me acontece así: ela non me quere facer ningún ben e Amor faime morrer por ela.

(III) E sempre eu pensei no meu corazón en prestarlle servizo e en evitar causarlle pesar xa nunca máis; porén, vénme mal diso por esta razón: ela non me quere facer ningún ben e Amor faime morrer por ela.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:237)

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55. Nas edicións anteriores tamén presentan independencia sintáctica as estrofas I-II.

  • 5

    Nótese a leve variación no pronome no refrán (I me - II mi - III me). Cfr. nota a 102.26. Véxase nota a 27.4.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado