I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 607); Barbieri (1980: 78 [= LPGP 911]); Lopes (2002: 446); Littera (2016: II, 476-477); Arias Freixedo (2017: 370).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 364); Braga (1878: 199-200); Machado & Machado (1958: VI, 137).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 37-38); Álvarez Blázquez (1975: 51); Landeira Yrago (1975: 188); Tavares & Miranda (1987: 99-100); Alvar & Beltrán (1989: 237-238).
1 quitei] quiter B 3 mia] ma B 8 gracir] g̃rir B : g̃zir V 9 comprir] ꝯp̃r B 11 tenhades] Genades B 14 por] pre B 17 tenhades] Genhades B
2 vos] vus Barbieri 3 mia] ma Lapa 6 comenda do demo maior] comendad’o Demo maior Lapa, Lopes, Littera : comendad’ò demo mayor! Barbieri 8 poss[o] eu] poss’eu Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo; gracir] grazir Barbieri 12 comenda do demo maior] comendad’o Demo maior Lapa, Lopes, Littera : comendad’ò demo mayor! Barbieri 13 vos] vus Barbieri 14 por] per Arias Freixedo 15 vos] vus Barbieri 18 comenda do demo maior] comendad’o Demo maior Lapa, Lopes, Littera : comendad’ò demo mayor! Barbieri
(I) Comendador, cando eu me fun de onda vós e vos encomendei a miña muller, por todo o amor con que eu sei que a tratastes, oxalá teñades, comendador, unha encomenda do Demo maior.
(II) Porque moi ben a servistes, nunca volo poderei agradecer; mais xa que vós cumpristes canto ela desexou, oxalá teñades vós, comendador, unha encomenda do Demo maior.
(III) E quérovos dicir unha cousa: ela considérase moi ben servida por vós, e xa que vos quere tan ben como me quere a min ou mellor, oxalá teñades vós, comendador, unha encomenda do Demo maior.
Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8B 8B (= RM 19:31)
En principio, a lección ma de B é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18); porén, débese advertir que, en xeral, esta variante ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).
O segundo verso do refrán permite unha outra segmentación e interpretación alternativa a partir da existencia do verbo comendar (solución adoptada por Lapa):
tenhades vós, comendador,
comendad’o demo maior.
En calquera caso, é inxustificada, mesmo errada, a consideración da preposición a (na contracción ò, inexistente na altura cronolóxica das cantigas e proposta por Barbieri), para introducir o CD o demo maior.