1457 [= RM 147,5]
Comendador, u m’eu quitei

Comendador, u m’eu quitei
de vós e vos encomendei
a mia molher, per quant’eu sei
que lhi vós fezestes d’amor,
tenhades vós, comendador,
comenda do demo maior.
Ca muito a fostes servir,
non vo-lo poss[o] eu gracir;
mais, poi-la vós fostes comprir
de quant’ela ouve sabor,
tenhades vós, comendador,
[comenda do demo maior].
E dizer-vos quer’ũa ren:
ela por servida se ten
de vós, e, pois que vos quer ben
como quer a min ou melhor,
tenhades vós, comendador,
[comenda do demo maior].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1438 (f. 299r, col. b), V 1048 (f. 170v, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 607); Barbieri (1980: 78 [= LPGP 911]); Lopes (2002: 446); Littera (2016: II, 476-477); Arias Freixedo (2017: 370).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 364); Braga (1878: 199-200); Machado & Machado (1958: VI, 137).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 37-38); Álvarez Blázquez (1975: 51); Landeira Yrago (1975: 188); Tavares & Miranda (1987: 99-100); Alvar & Beltrán (1989: 237-238).

Variantes manuscritas


1 quitei] quiter B   3 mia] ma B   8 gracir] g̃rir B : g̃zir V   9 comprir] ꝯp̃r B   11 tenhades] Genades B   14 por] pre B   17 tenhades] Genhades B

Variantes editoriais


2 vos] vus Barbieri   3 mia] ma Lapa   6 comenda do demo maior] comendad’o Demo maior Lapa, Lopes, Littera : comendad’ò demo mayor! Barbieri   8 poss[o] eu] poss’eu Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo; gracir] grazir Barbieri   12 comenda do demo maior] comendad’o Demo maior Lapa, Lopes, Littera : comendad’ò demo mayor! Barbieri   13 vos] vus Barbieri   14 por] per Arias Freixedo   15 vos] vus Barbieri   18 comenda do demo maior] comendad’o Demo maior Lapa, Lopes, Littera : comendad’ò demo mayor! Barbieri

Paráfrase


(I) Comendador, cando eu me fun de onda vós e vos encomendei a miña muller, por todo o amor con que eu sei que a tratastes, oxalá teñades, comendador, unha encomenda do Demo maior.
(II) Porque moi ben a servistes, nunca volo poderei agradecer; mais xa que vós cumpristes canto ela desexou, oxalá teñades vós, comendador, unha encomenda do Demo maior.
(III) E quérovos dicir unha cousa: ela considérase moi ben servida por vós, e xa que vos quere tan ben como me quere a min ou mellor, oxalá teñades vós, comendador, unha encomenda do Demo maior.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8B 8B (= RM 19:31)

Notas


Texto
  • 3

    En principio, a lección ma de B é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18); porén, débese advertir que, en xeral, esta variante ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 5-6

    O segundo verso do refrán permite unha outra segmentación e interpretación alternativa a partir da existencia do verbo comendar (solución adoptada por Lapa):

    tenhades vós, comendador,
    comendad’o demo maior.

    En calquera caso, é inxustificada, mesmo errada, a consideración da preposición a (na contracción ò, inexistente na altura cronolóxica das cantigas e proposta por Barbieri), para introducir o CD o demo maior.

  • 6

    O sintagma demo maior como alusión a Satanás só se rexistra na lingua trobadoresca, profana (1519.20, 1523.24, 1546.6) e relixiosa (CSM 17.25, 123.7, 197.54, 272.5).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado