Esta cantiga foi feita a estes cavaleiros que aqui conta que prometeron ũu alão e sabujos, segundo aqui é ‘scrito; e, pero que lhos enviaron pedir, non os quiseron dar; e o Conde fez-lhis por én [e]sta cantiga
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 488); Simões (1991: 84 [= LPGP 757]); Lagares (2000: 166 [rúbrica]); Lopes (2002: 549); Littera (2016: II, 277).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 361); Braga (1878: 198); Machado & Machado (1958: VI, 129-130).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 242-243); Torres (1977: 385); Tavares & Miranda (1987: 259); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 181).
Rúbrica: feita] fata B; aqui] aq̄uy BV; prometeron] ro trentōto V; alão] alaano B : doão V; e] et B; sabujos] Sabugos B : sabugos V; segundo] seccūdo B; aqui] asqui V; é ‘scrito] se piij(*)to B : septreo V; e] et B; enviaron] tramiaso V; pedir] pedar B : pear V; non os] q̄ oa\o/s V; [e]sta] sta B : sia V; cantiga] .ca. B
Texto:
2 un] Huu B : huū V; alão] alaao B : alaāo V; Varela] Varella B : uarella V 3 pera] ꝑꝯ V 4 el] ell BV 6 verra] ueira B : llerra V 8 Outrossi] O outrosy B 10 da terra de] doq̅ra ede V; Condado] comdado B : omdado V 11 un seu mininho] huū sseu mhamho V 13 Antrecristo] antro tristo V 14 verra] Veira B : uērra V 15 de siso] di ssisso B : disisso V 16 m’as] mhas V 17 ca] ca que B : ca q̄ V; verria[n]] ueria B : uerria V 18 riso] rrisso BV 19 duvidando] dumjdads̄ B : duerydādo V 20 ja] \ia/ B : om. V; verran] poos V 21 Judas] tudas V; Paraiso] pa paraysso B : paraysso V
Rúbrica: ũu] un Lapa : um Lopes, Littera; é ‘scrito] é escrito Lapa, Lopes, Littera
Texto:
2 Paai] Pay Simões : Pai Lopes, Littera 11 -me un] -m’um Littera 16 m’as] mi as Littera 21 for Judas no Paraiso] formos [e]no paraiso Lapa
(I) O outro día mandei que lle pedisen a Paai Varela un alán para unha miña cadela, e el díxome que mo daría; e por como el mo dá, ben penso que virá cando aquí viñer o Mesías.
(II) Tamén Pero Marinho me mandou dous sabuxos de alá da terra do Condado; e díxome un seu criado que podía estar ben certo disto: despois de que viñer o Anticristo há vir con el polo camiño.
(III) Non fun eu home asisado, cando me facían as promesas, por dubidar que virían; e dáme ganas de rir porque dubidei diso, pois xa sei que han vir cando Xudas entre no Paraíso.
Esta cantiga foi feita a estes dous cabaleiros que aquí nomea, porque prometeron un alán e sabuxos, segundo aquí está escrito; mais, aínda que llos reclamaron, non os quixeron dar; e o Conde fíxolles por iso esta cantiga.
Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 7c 7c 7’a (I [= RM 161:291) + 7’a 7’b 7’b 7’a 7’c 7’c 7’a (II-III [= RM 161:296])
Encontros vocálicos: 2 a·lã·o‿a Pa͜ai; 4 mi͜-o; 5 mi͜-o; 9 mi‿á; 11 -me‿un
A escrita da rúbrica presenta algunhas peculiaridades gráficas que deben ser subliñadas. Así, a utilización de -n- intervocálico para indicar nasalidade vocálica fonolóxica, tal como esporadicamente aparece no corpo das cantigas; desta forma <alaano> de B confronta con <doão> en V, que encobre unha forma alaão, isto é, alão (véxase nota ao v. 2). Por outra parte, é de notar a grafía <g> en <sabugos>, en que <g> perante vogal velar representa o fonema fricativo palatal sonoro, habitualmente representado por <i> ou <j>, ou, mesmo, <y>.
Os cavaleiros aludidos na rúbrica (Pero Marinho, v. 8; Paai Varela, v. 2), vasalos do Conde de Barcelos, son os irmáns Pero Paez Marinho e Paai Varela, ambos citados nos Livros de Linhagens (Mattoso 1980: II/2, 190), fillos de Joan Varela e Teresa Marinho e pertencentes á liñaxe galega dos Marinho. Véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Pai Varela, Pero Marinho2.
A variación gráfica un / ũu (tamén no v. 11) e algun / algũu rexístrase nun número limitado de contextos, en xeral coa forma un en B fronte a ũu en V: algun <algū> A, <algūu> B (130.15); un <hun> B, <huū> V (938.14, 1324.1 e 2, 1332.4, 1333.1, 1336.1, 1384.2, 1387.18, 1497.32) e <hū> B, <huū> V (1119.3 e 6)1
, xunto con ũu <huū> B, <hū> V (1641.11); <huū> B, <hun> V (1649.8); <uū> B, <un> V (1663.6).
Por súa parte, alão, como outras voces terminadas en -ão (e en -ao, nomeadamente mao, véxase nota a 485.20), presenta nos apógrafos italianos a forma gráfica <aāo> ou <āao>, con duplicación vocálica característica destes encontros vocálicos, presente na escrita galego-portuguesa desde os seus inicios e con frecuencia progresiva nos textos finais da Idade Media. De feito, ao longo do corpus das cantigas <-aão>, con algunhas variantes e/ou lapsos de copia, rexístrase en mão (382.21, 461.26, 1118.11, 1314.8, 1387.5), cristão (1119.21), Foão (1338.1), irmão (1118.18), temporão (1471.13), verão (1624.5) vilão (115.30, 1592.5).
Nótese, por outra parte, a grafía <ll> en Varela, tanto en B (<varella>) como en V (<uarella>), que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B), só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo e cavaleiro, esmola, querelar, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el e mais do artigo el- (<ell> BV no v. 4; véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxanse notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces coa secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).
O Diccionario de Autoridades (Real Academia Española 1726-1739) fai unha clarificadora descrición dos alãos: «Espécie de perros mui corpulentos, bravos y generósos, que sirven en las fiestas de toros, para sujetarlos, haciendo pressa en sus oréjas: y en la montería à los ciervos, javalíes, y otras fieras, como tambien para guardar las casas y huertas (...)». Sobre o alão, sempre caracterizado por ser un can moi forte e fero, véxase tamén Montero Curiel (2005: 47-49).
Obsérvese o contraste entre a forma Messia da cantiga e Messias, reiteradamente utilizado nas Cantigas de Santa Maria (do lat. tard. Messīas). Esta é a forma que se rexistra tamén na produción prosística, por exemplo na Crónica de D. João I, de Fernão Lopes (CGPA, ed. M. Lopes de Almeida & A. de Magalhães Basto):
E quem das cousas que hora eu disser, nom for comtemto, e ficar em sua teemçom, bem mostrara que quer arremedar a perfia dos Judeus, que esperam o Messias que numca hade de viir.
A pesar de se teren identificado estas terras co condado de D. Pedro de Barcelos, a referencia aos Marinho, de orixe galega, e ao uso da preposición de, sen o artigo que acompañaria o nome común se se referise ao seu condado, pode apuntar directamente a terras galegas.
Mininho, con harmonización vocálica (tamén en 1584.20), é forma concorrente coa xeral meninho (véxase UC/Glosario, s.v.).
A forma foi (tamén no v. 19) é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1. De modo análogo, fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
Nótese a variación m(e) B / mi V no encontro co artigo (m’as vs. mi as), que permite optar por unha ou outra variante, por máis que atribuamos prioridade á lección de B, tal como acontece en diversas pasaxes ao longo dos canconeiros no encontro entre CI e CD (624.5, 806.6, 1032.10, 1230.15). Cfr. 239.18 ou 984.14, con lección mi-o e mi-a en A vs. B.
A lección de BV, coa copia das dúas formas da conxunción (<ca que> B, <ca q̄> V) mostra con clareza que as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que2 .
É na edición crítica de Simões que se estabelece a lectura certa deste verso, en face da errada interpretación lapiana.