(I) O outro día mandei que lle pedisen a Paai Varela un alán para unha miña cadela, e el díxome que mo daría; e por como el mo dá, ben penso que virá cando aquí viñer o Mesías.
(II) Tamén Pero Marinho me mandou dous sabuxos de alá da terra do Condado; e díxome un seu criado que podía estar ben certo disto: despois de que viñer o Anticristo há vir con el polo camiño.
(III) Non fun eu home asisado, cando me facían as promesas, por dubidar que virían; e dáme ganas de rir porque dubidei diso, pois xa sei que han vir cando Xudas entre no Paraíso.
Esta cantiga foi feita a estes dous cabaleiros que aquí nomea, porque prometeron un alán e sabuxos, segundo aquí está escrito; mais, aínda que llos reclamaron, non os quixeron dar; e o Conde fíxolles por iso esta cantiga.