1445 [= RM 81,9 (= 88,7)]
Joa[n] Vaasquez, moiro por saber

– Joa[n] Vaasquez, moiro por saber
de vós por que leixastes o trobar
ou se foi el vós primeiro leixar,
ca vedes que ouço a todos dizer:
ca o trobar acordou-s’en atal
que ‘stava vosco en pecado mortal,
e [el] leixa vós por se non perder.
– Lourenço, tu vees por aprender
de min, e eu non cho quero negar:
eu trobo ben quanto quero trobar,
p[e]ro non o quero sempre fazer;
mais di-me ti, que trobas desigual,
se te deitan por én de Portugal,
ou mataste omen ou roubaste aver.
– Joan Va[a]squez, nunca roubei ren
ne[n] matei omen nen ar mereci
por que m’i deitassen, mais vii[n] aqui
por gaar algo e poss’eu iguar ben
como o trobar vo-lo mae[n]festou:
que se perdia convosc’e quitou-
-se de vós, e non trobades por én.
[–Lourenço], .................................
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 

Manuscritos


V 1035 (ff. 167v, col. b, 168r, col. a)
[Tenzón]

Edicións


I. Edicións críticas: Tavani (1964: 129-130 [= LPGP 602-603]); Lapa (1970 [1965]: 412); Lopes (2002: 290); Fregonese (2007: 86); Littera (2016: II, 70-71); Brea & Fernández Guiadanes (2020: 25).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 358-359); Braga (1878: 197); Machado & Machado (1960: VII, 137).
III. Antoloxías: Fonseca (1971: 93); Torres (1977: 343); Alvar & Beltrán (1989: 256-257).

Variantes manuscritas


2 leixastes] me leixastes V   4 que ouço] aq̄ ouco V   5 acordou] atordou V   6 que ‘stava] q̄staũ V   10 quanto] ꝙ̄to V   14 mataste ... roubaste] se mataste ... se roubaste V   18-19 por giar algo epossei iguar mi / bē como o trobar uoso maes estou V   20 perdia convosc’e] predia tā uosque e V   21 de] des V

Variantes editoriais


2 por que leixastes] por que me leixastes Tavani, Lapa, Fregonese, Littera   3 vós] vos Tavani, Fregonese, Lopes, Littera   4 ca vedes que ouço a todos] Ca, vedes, aque ouço a todos Tavani, Fregonese; ca vedes o que ouço a todos Lapa, Lopes, Littera : ca vedes que ouç’a todos Brea & Fernández Guiadanes   6 que ‘stava] qu’estava Tavani, Lapa, Lopes; vosco en] vosqu’en Brea & Fernández Guiadanes   7 e [el] leixa vós] e leixa-vos Tavani, Lopes, Littera : e leixa[r] vos [fui] Lapa : e leixa [el] vós Brea & Fernández Guiadanes   8 vees] vẽes Tavani, Lapa : veens Lopes, Littera   10 quanto] quando Tavani, Lapa, Lopes   11 p[e]ro] p’ro Tavani   12 ti] tu Tavani, Lopes   14 ou mataste omen ou roubaste aver] ou se mataste homem ou se roubaste aver Fregonese : ou matast’hom’, ou roubaste haver Littera : ou se matast’hom’ou roubast’aver Brea & Fernández Guiadanes   17 m’i] mi Tavani, Lapa, Lopes, Littera, Brea & Fernández Guiadanes : me Fregonese; vii[n]] vin Tavani, Brea & Fernández Guiadanes : viĩ Lapa : vim Lopes, Littera   18-19 por gaar algo e poss’eu iguar ben / como o trobar vo-lo mae[n]festou] por gãar algo, ‿e po[i]s sei‿iguar-mi ben / como o trobar vosso; maes estou Tavani : por gaar algo, e iguar-mi ben / con o trobar vosso; mais [eu] estou Lapa : por gaar algo; e pois sei iguar-mi bem / com esse trobar vosso; mais estou Lopes, Littera : por gãar algo e pois sei iguar-mi bem / como o trobar vosso; mais estou Fregonese   20 perdia] predia Tavani, Fregonese; convosc’] tan vosqu’ Tavani   20-21 quitou-/-se de vós] quitouse / de vós Brea & Fernández Guiadanes

Paráfrase


(I) –Joan Vaásquez, morro por que me digades por que abandonastes o trobar, ou se foi el quen primeiro vos deixou a vós, pois vede o que eu escoito a todos dicir: que o trobar viu que estaba convosco en pecado mortal e el déixavos para non se condenar.
(II) –Lourenço, ti vés por saber algo de min e eu non cho quero ocultar: eu trobo tan ben como quero trobar, mais non o quero facer sempre; mais dime ti, que trobas con versos mal medidos, se te desterran de Portugal por iso, ou se mataches alguén ou roubaches diñeiro. 
(III) –Joan Vaásquez, nunca roubei nada nin matei ninguén nin tampouco merecín que me expulsasen de alí, senón que vin aquí para gañar algo, e eu podo medir ben os versos como o trobar volo demostrou: porque se estragaba convosco e vos abandonou e por iso non trobades.
(IV) –Lourenço, [...].

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:60)

Encontros vocálicos: 4 ouçoa; 6 voscoen; 14 matasteomen, roubasteaver; 17 vi͜i[n]; 18 algoe; 19 comoo

Notas


Texto
  • *

    A necesaria arquitectura simétrica das intervencións dos trobadores nas tenzóns delata o carácter fragmentario desta composición (e mais das cantigas UC 879 e 1421): “La equidad en el número de turnos estróficos se quiebra de forma evidente en tres diálogos, pues están constituidos por tres estrofas, por lo que es posible que, por lo menos, falte una cobra” (cfr. González Martínez 2012c).
    O xograr Lourenço foi albo de críticas doutros trobadores, que o atacaron sobre todo por non se limitar á interpretación e querer ser tamén trobador, isto é, compositor. Nesta polémica participou Joan Garcia de Guilhade, trobador a cuxo servizo Lourenço exercía de intérprete (UC 1513, 1514, 1515, 1516, 1520), mais tamén outros trobadores: Joan Perez d’Avoin (UC 1420), Joan Soarez Coelho (UC 1432), Rodrig’Eanes Redondo (UC 1442), Pero Garcia Burgales (UC 1444), Joan Vaasquiz de Talaveira (UC 1445), Pedr’Amigo de Sevilha (UC 1680). Lourenço, aludido tamén na tenzón entre Soarez Coelho e Joan d’Avoin (UC 1421), non só retrucou nas tenzóns senón que mesmo utilizou unha cantiga de amigo para defender o seu dominio da arte de trobar (UC 1279).
    A composición, transmitida só polo Cancioneiro da Vaticana, presenta aparentes problemas de isometría, que nalgúns editores perviven por se concentraren nos dous parlamentos de Lourenço, eventualmente atribuíbeis ao (deficiente) trobar do xograr: «las dos estrofas que corresponden a Lourenço (I y III), tal y como nos las legaron los apógrafos italianos, parecen justificar las censuras que recibe por “trobar desigual”, pues presentan múltiples anomalías desde el punto de vista métrico, y, en el caso de la III, también de tipo sintáctico-semántico» (Brea & Fernández Guiadanes 2020: 16).
    Non obstante, o estudo e edición da profesora santiaguesa mostra como todos e cada un dos casos de hipo- e hipermetría son resolúbeis a partir dunha edición criteriosa e da consideración do texto (e contexto) da tençon

  • 1

    Joan Vaasquez é o trobador Joan Vaasquiz de Talaveira.

  • 3

    Nótese a aparición do pronome persoal tónico, oblicuo, vós, sen preposición, con función de complemento directo, tal como acontece con relativa frecuencia na lingua trobadoresca (véxase v. 7). 

  • 4

    Neste verso, a secuencia <aque> foi diferentemente interpretada polos editores: desde un adverbio presentativo aqué, de difícil encaixe sintáctico na pasaxe (Tavani, Fregonese), até unha lectura (posíbel) o que, que igualmente convertería en hipermétrico o verso. Perante a lección de V preferimos consolidar a isometría versal coa expunción de <a>, cuxa presenza espuria en secuencias similares está ben contrastada (sen desbotar a idea de que sexa un erro <a>/<o> introducido para regularizar a expresión): véxase, por exemplo, a lección <aq̄m> quen en B (115.28).

  • 6

    A lingua trobadoresca non permite a crase da partícula que (cfr. qu’estava en Tavani, Lapa e Lopes), tal como estabeleceu historicamente Celso Cunha (1982: 47-63, 129-161; véxase Ferreiro 2009). É por isto que se debe considerar que a secuencia constitúe un caso de aférese de ‘star, que debe ser posta en relación coa tendencia á perda da vogal inicial e- cando seguida da secuencia vocálica /st/ en fonética sintáctica após vogal ou /n/, e que afecta en especial ao verbo estar, aínda que se rexistra tamén noutras voces: estar (ora ‘stou, 396.3; que ‘stevesse, 969.12; ali ‘stivi, 969.15; non ‘starei, 969.21; que ‘stava, 1445.6; quando ‘sté, 1588.21); estorcer (a ‘storcer, 1505.4); estrãiar (ela ‘strãiasse, 358.21); Estremadura (en ‘Stremadura, 1324.10). Véxase nota a 6.4, 18.16, 51.1, 73.19, 878.1.

  • 7

    A hipometría da lección de V foi ignorada por diversos editores, fronte a Brea & Fernández Guiadanes que introducen el (e leixa el vós), coa vantaxe de manter o acento na 4ª sílaba. Non obstante, do punto de vista paleográfico, achamos que resulta máis probábel a súa omisión no inicio do verso: e el leixa vós. De tal modo, este verso reflicte o v. 3, coa aparición de vós sen preposición en función de CD de novo co verbo leixar e a reiteración do suxeito el.

  • 9

    O diálogo nas tenzóns favorece a aparición dos pronomes de segunda persoa: nesta pasaxe rexístrase a crase cho, coa aparición de che como CI (fronte ao CD te), procedente da palatalización por fonética sintáctica do lat. te (véxase Ferreiro 1999: §§104b, 155.2). Ao longo do corpus trobadoresco achamos casos diversos (Ferreiro 2012c), o mesmo que na prosa, con perto de 150 ocorrencias da forma palatalizada en textos galegos no banco de datos do TMILG, s.v. che, chi, cho(s), cha; en textos escritos en Portugal só se pode localizar na contracción cho/-a nuns poucos contextos, que se concentran na Demanda do Santo Graal (véxase CGPA, s.v.).

  • 12

    Di é forma imperativa derivada directamente da forma latina dīc, que modernamente foi refeita para diz en portugués conforme o padrón morfolóxico verbal (lusitano).
    Por outra parte, neste verso comparece a forma ti como suxeito (xeral no galego moderno), de que existen poucos testemuños certos na lingua medieval, sendo o máis importante o rexistrado nos Miragres de Santiago (véxase Ares Vázquez 1991: 51; e tamén Nunes 1960: 240):

    “Ve [t]i, ve [t]i Jerosolimmjs”; que quer dizer: “mal seja a ti, mal seja aos de terra de Iherusalem” (Lorenzo 2004: 32).

    É por isto que non debe ser emendada a lección ofrecida polo Cancioneiro da Vaticana (cfr. tu en Tavani e Lopes), de modo que ti se converte en forma paralela de , tamén suxeito en 115.3 (que o façamos e vós jograr): é esta unha das escasísimas ocorrencias da forma en función de suxeito (cfr. Ferreiro 1999: §153b.1 e 2), con outro rexistro na lírica (772.8), e tamén nas Cantigas de Santa Maria (mi e meu Fillo Jhesu / te escaecemos; CSM 125.105), para alén algunhas ocorrencias na produción prosística. Véxase nota a 115.3.

  • 14

    Só a edición de Fregonese mantén a evidente hipermetría do verso tal como foi transmitido por V, en que cómpre a expunción da repetida conxunción condicional se, talvez erro de transmisión, pois xa Tavani considera que a «interpolazione del primi se da parte del copista ha l’aspetto di una ripetizione dal verso precedente», e a do segundo se sería «una correzione, coscientemente eseguita dall’amanuense, per ristabilire tra i due membri della frase un parallelismo ritenuto originario».

  • 17-18

    Estes dous versos constitúen o locus criticus da cantiga, por canto a lección de V trasladada mecanicamente á edición levanta problemas de índole métrica (hipermetría) e tamén interpretativos: a presenza dun hápax (gráfico) nas cantigas profanas como maes, un contido semántico de ‘crer, considerar’ para estar que resulta inédito no corpus e, en definitiva, un difícil encaixe na semántica da estrofa e da composición enteira (véxase Brea & Fernández Guiadanes 2020: 19-24). Neste sentido, a opción editorial xustificada e defendida por Brea & Fernández Guiadanes resulta convincente, coa consideración de erros mecánicos de transmisión (cfr. <ei>/<eu>, <s~ſ>/<l>, <a>/<ã>...), frecuentes no corpus, explican o texto de V e permiten unha fixación ecdoticamente criteriosa coa emerxencia de maenfestar. En calquera caso, a actuación editorial máis acaída reside, ao noso parecer, na expunción de mi no v. 17, por dúas razóns: a) non é rara a aparición espuria de formas pronominais ao longo dos cancioneiros, presente en diversas ocasións; b) o verbo iguar co contido semántico que presenta na tençon (‘igualar metricamente e/ou respectar o esquema métrico-estrófico’) non é pronominal, en face no seu uso como ‘igualarse, pórse ao mesmo nivel’ (véxase UC/Glosario, s.v. iguar).
    De todos os modos, aínda existen outras posibilidades editoriais, sempre dentro da liña interpretativa de Brea & Fernández Guiadanes: sería posíbel, como indica a editora compostelá, considerar que <mi> mesmo constitúe un banal erro por mui no sintagma iguar mui ben, que podería ser expunxido pola súa frecuente aparición espuria co adverbio ben (véxase nota a 65.1); con todo, e alternativamente, tamén podería considerar un erro <ei>/<o>, de existencia certa no corpus (véxase, por exemplo, <ueis> B vos (1588.17). Deste xeito, estes versos poderían ser editados tamén do seguinte modo:

    por gaar algo‿e posso‿iguar m[u]i ben
    como o trobar vo-lo mae[n]festou: / ...

    Para a contaxe metrica, a forma viin de P1 do pretérito de indicativo de viir debe computar como unha única sílaba, como acontece noutras formas verbais deste verbo coa secuencia -ii- (véxase vii·nha, 721.9; viin·d’en, 1610.8).

  • 20-21

    Nótese a tmese métrica de tipo simple (quitou-/-se) (con edición errada en Brea & Fernández Guiadanes, talvez por gralla tipográfica), en que o verso segmenta a base verbal e o clítico, que pasa para o verso seguinte. Tal segmentación versal volve aparecer en 123.24-25, 142.30-31, 430.10-11, 476.10-11, 1229.1-2, 1263.10-11, 1476.3-4 e 1543.14-15. Véxanse notas a 14.25-26, 37.18-19, 482.1-2, 1542.3-4.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado