(I) –Joan Vaásquez, morro por que me digades por que abandonastes o trobar, ou se foi el quen primeiro vos deixou a vós, pois vede o que eu escoito a todos dicir: que o trobar viu que estaba convosco en pecado mortal e el déixavos para non se condenar.
(II) –Lourenço, ti vés por saber algo de min e eu non cho quero ocultar: eu trobo tan ben como quero trobar, mais non o quero facer sempre; mais dime ti, que trobas con versos mal medidos, se te desterran de Portugal por iso, ou se mataches alguén ou roubaches diñeiro.
(III) –Joan Vaásquez, nunca roubei nada nin matei ninguén nin tampouco merecín que me expulsasen de alí, senón que vin aquí para gañar algo, e eu podo medir ben os versos como o trobar volo demostrou: porque se estragaba convosco e vos abandonou e por iso non trobades.
(IV) –Lourenço, [...].