1441 [= RM 77,6]
De quant’oj’eu no mundo me [te]mia

De quant’oj’eu no mundo me [te]mia
que infançon non á sén, del aven,
ca lhi pedi os panos que tragia,
e disse-m’el o que teve por ben:
ca os queria trager a seu sén
e pois, na cima, que mi-os non daria.
E pois-lo vi nos panos perfiado
enton puinhei máis en lhos pedir;
e disse-m’el (muito foi eu pagado):
«Ide-vos alhur e, quando vos ar vir,
querrei os panos ante vós cobrir,
que sejades deles des[s]egurado».
E por én seerei ja sempre do seu lado,
per como m’ele os panos mandou;
u me partia del desconfortado,
foi-me chamar, e des u me chamou:
«Joan Servando, pero m’assi vou,
non vos darei os panos a meu grado».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


V 1031 (f. 166v, col. b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 350 [= LPGP 500]); Lopes (2002: 239); Littera (2016: I, 593-594).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 356); Braga (1878: 196); Machado & Machado (1960: VII, 130-131); Ceschin (1980: 223); Camargo et alii (1990: 54-55).
III. Antoloxías: Torres (1977: 464); Tavares & Miranda (1987: 243); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 140).

Variantes manuscritas


1-2 De quanto gen no mundo que / mo aquen in fanzon nō aossen del / auer V   4 ben] bēn V   7 nos] uos V   9 Muito] m̄ V   10 vos ... quando vos] uos ... q̄ndo uos V   12 deles] doꝉꝉs V   15 partia] parcia V   17 vou] bon V   18 vos] uos V

Variantes editoriais


1-2 De quant’oj’eu no mundo me [te]mia / que infançon non á sén, del aven] De quant’oj’eu no mudo temia / d’infançon, que non á sen, d’el aven Lapa : De quant’hoj’en’o mundo [eu temia] / qu’aquel infançom nom dess’, end’avém Lopes : De quant[o] hoj’eno mundo me querria / que m’aquel infançon dess’, end’avém Littera   8 puinhei] puïnhei Lopes, Littera   9 eu] en Lapa, Lopes, Littera   12 des[s]egurado] ben segurado Lapa, Lopes   13 seerei] serei Lopes, Littera   16 des u] de sũu Lapa : diss’u Lopes, Littera   17 vou] ‘stou Lapa

Paráfrase


(I) Canto eu temía que o infanzón non ten xuízo, todo se cumpre, porque lle pedín as roupas que traía e respondeume o que tivo a ben: que as quería traer á vontade o (tempo) que lle parecese e despois, ao cabo, que non mas daría.
(II) E porque o vin entón tan empeñado en usar aquela roupa, máis empeño puxen en lla pedir; e díxome el –e eu fiquei moi satisfeito–: «Ídevos a outro lugar e, cando vos vexa de novo, hei de ocultar a roupa ante vós para que non reparedes nela».
(III) E por iso xa serei sempre do seu bando, pola maneira como me cedeu as roupas cando eu me afastaba del amolado: chamoume e, des que me chamou, (díxome): «Joán Servando, aínda que me vou así, non vos darei as roupas por propia vontade».

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10’a 10b 10b 10’a (= RM 79:9)

Encontros vocálicos: 6 mi͜-os; 7 per·fi·a·do; 8 má·is; 9-10 pagado/ide; 12-13 dessegurado/E; 13 se͜e·rei

Notas


Texto
  • 1-2

    O texto destes versos, ben deficiente en V, presenta unha versión afastada da letra do manuscrito nos diversos editores e con emendas varias. A nosa lectura parte da existencia contrastada do erro <que>/<me> (944.2, 1093.3, 1666.5...), que permite fixar me [te]mia a partir da lección <que / mo a> (véxase Ferreiro 2012c).

  • 7

    A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con mais e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con mais e pois. Cfr. nota a 5.10.

  • 8

    A bisilábica forma puinhar (tamén en 707.8, 1595.4) é unha variante antiga do xeral punhar (do lat. pŭgnāre). Cfr. nota a 5.6.
    Por outra parte, existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de máis ~ mais era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de numerosas pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c)1

  • 9

    Por máis que non rexistremos a abreviatura <m̄> como muito (véxase Nunes 1981 e Capelli 2008), nesta pasaxe semella a única lectura posíbel, así estabelecida en todas as edicións da cantiga.
    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1; de similar modo, fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 10-13

    A episinalefa evita hipermetrías versais: pagado,/‿ide (v. 10), dessegurado/‿E (v. 13).

  • 12

    Nótese como dessegurado ‘inseguro’ é outra formación romance a partir de des- + seguro + -ado. Presente no corpus profano (tamén en 1588.15), é voz que tamén se atesta nas cantigas marianas e mais nas crónicas do século XV (cfr. CGPA, s.v.).
    A grafía <ll> de eles en V, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxanse notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces coa secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 17

    A lección <bon> para vou en V mostra, para alén da banal confusión <n>/<u>, o erro <b>/<v> (para o erro inverso véxase nota a 114.10) que se rexistra esporadicamente nos apógrafos italianos, especialmente no Cancioneiro da Vaticana: Vuitoron <buytorom> V (1433.1), vej’ora <beio ra> V (1449.5), vermelho <vermelho> B, <bermelho> V (1612.11). Neste caso, o erro parece favorecido pola reiterada presenza do adxectivo bon no corpus.
    De novo asistimos a unha autonominatio do trobador Joan Servando (véxase tamén 1438.10).

  1. ^

    Unha argumentación contra o esporádico valor bisilábico de mais pode verse en Fernández Guiadanes (2023: 2.627-2.655), aínda recoñecendo que “non se pode desbotar por completo a posibilidade de que o resultado galegoportugués de MAGIS mantivese o seu carácter bisílabo ocasionalmente” (ib.: 2.655).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado