I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 358 [= LPGP 538]); Lopes (2002: 247); Littera (2016: I, 619).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 351); Braga (1878: 193); Machado & Machado (1960: VII, 113).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 177); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 171); Gutiérrez (2023: 191, 301).
5 ei] cey V 6 ti] h V 17 ei] tei V
5 por end’o] porende o Lapa 8 ouvest’] ouvess’ Lapa : houvess’ Lopes, Littera 11 don e linho] bon donzinho Lapa : dom em linho Lopes, Littera
(I) Xograr, hoxe fun moi desamparado polo teu pescar, pois tiven que mandar alguén á rúa por pescado; por iso, a dádiva que che dei quéroa agora que mo devolvas.
(II) Así cho dei, co trato de que me escusase de ir á rúa; e ves, xograr, xa que non me escusaches, pensa agora en me dares un presente e liño que dobre o valor.
(III) Non che discuto o trato nin querería pelexar; mais tiñas que me pagar en troitas, e xa que non mas dás pagado, como contei, pensa tamén en facer contas comigo.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7b 7b 7’a 7’a 7’b (= RM 132:8)
Encontros vocálicos: 3 *ou·vi‿a‿en·vi·ar; 12 mi͜-o; 17 mi͜-as, como‿ei
A locución conxuntiva de carácter causal como que só volve aparecer en dúas ocasións no corpus das cantigas:
que nunca tal
ouv’outro ome d’amor nen d’al,
como que me faz desejar
Deus vosso ben por desejar
a mia mort’eu (132.25);
ca mi, sennor, avedes vós mui ben,
como que vos non ei a custar ren (237.30).
Canto á medida do verso, probabelmente se produza unha sinalefa abranxente de ouvi‿a‿en(viar), como acontece nalgunha outra pasaxe en que está implicado o iode representado con <h> en múltiplos encontros de voces que BV presentan graficamente <-h>+vogal: mia‿er·da·de (1429.10), mi-o‿a·ve·rei (1514.3)...
Nótese a aparición da crase cho, coa forma che como CI, fronte ao CD te, procedente da palatalización por fonética sintáctica do lat. te (véxase Ferreiro 1999: §§104b, 155.2): ao longo do corpus trobadoresco achamos casos diversos (Ferreiro 2012c), o mesmo que na prosa, con perto de 150 ocorrencias da forma palatalizada en textos galegos no banco de datos do TMILG, s.v. che, chi, cho(s), cha; en textos escritos en Portugal só se pode localizar na contracción cho/-a nuns poucos contextos, que se concentran na Demanda do Santo Graal (véxase CGPA, s.v.).
Canto a preitejado, é participio de preitejar, formación lexical romance: preito + -ejar.
Fronte ás Cantigas de Santa Maria, onde se mantén sistematicamente o hiato gráfico na P2 do presente de indicativo de veer (uĭdes > vees), na lingua das cantigas profanas aparece sempre a forma evoluída, con crase (véxase tamén 1420.20, 1428.9, 1513.29, 1515.15 e 22).
A medida do verso aconsella non interpretar a lección <cey> de V como t’ei, isto é, omitir o pronome te (como t’ei contado > como‿ei contado).