(I) Xograr, hoxe fun moi desamparado polo teu pescar, pois tiven que mandar alguén á rúa por pescado; por iso, a dádiva que che dei quéroa agora que mo devolvas.
(II) Así cho dei, co trato de que me escusase de ir á rúa; e ves, xograr, xa que non me escusaches, pensa agora en me dares un presente e liño que dobre o valor.
(III) Non che discuto o trato nin querería pelexar; mais tiñas que me pagar en troitas, e xa que non mas dás pagado, como contei, pensa tamén en facer contas comigo.